| Escrito por Redaccion,
o 25-04-2008
|
Visitas : 130 |
 O Concello de Nigrán a través da concellería de Parques e Xardíns, que dirixe o concelleiro Cándido Costas Fernández, ven de completar a mellora do Parque Infantil da Ramallosa coa instalación dunha Pista Multiusos que permite a práctica de múltiples xogos e deportes nun espazo de 21 metros por 13,62 metros no que se pode prácticar fútbol, baloncesto, voleibol, tenis ou Badminton.
Este espazo lúdico/deportivo dirixido aos nenos e nenas de Nigrán conta coas últimas novedades técnicas como taboleiros laminados de Alta presión, estructuras de aceiro, redes antivandálicas ou céspede artificial de gran suavidade e resistencia, Ademáis a instalación dispón de plena accesibilidade para persoas con movilidade reducida. A xestión levada a cabo dende Parques e Xardíns coa empresa Gabrat e a colaboración da Concellería de Vías e Obras permitirá que o espazo do parque infantil de A Ramallosa (Nigrán) dea resposta a unha demanda largamente solicitada por parte dos vecinos e veciñas de Nigrán. As actuacións no parque Infantil de A Ramallosa completarase coa instalación duna valla de madeira entre o espazo de xogo dos máis cativos co carril bici que une Nigrán e Baiona.
|
|
|
 |
|
|
|
|
|