| Escrito por Redaccion,
o 25-04-2008
|
Visitas : 290 |
 Os socialistas de Baiona denuncian de novo o recorte no servizo de recollida do lixo nas parroquias de Baiona. Afirman que dende a chegada ao poder do goberno do popular Jesús Almuiña veñen realizándose de forma progresiva un recorte nos servizos que reciben os cidadáns residentes na vila.
O PSOE asegura que durante o seu mandato limpábanse e baldeábanse diariamente todas as rúas do casco urbano, mantendo limpos e en bo estado os contenedores do lixo. Así mesmo recordan as labores de limpeza que se realizaban para manter en bo estadoos camiños e viais nas parroquias. O PSOE de Baiona segue apostando porque a vila sexa referente no norte peninsular como Vila de destino turístico e á súa vez convértase nunha localidade residencial atractiva para os xa residentes e para todos aquelas persoas que poidan ter a intención de afincarse como veciños do pobo. Segundo Arturo Pereira, "esta aposta pasa, evidentemente, por manter de forma adecuada os servizos municipais, cuxo bo ou mal funcionamento establece a imaxe que queda dun pobo. É evidente que a política que esta levando a cabo o P.P., co recorte sistemático dos servizos e unha xestión inadecuada e ineficaz dos existentes nos esta conducindo a todo o contrario e con iso á perdida de expectativas de futuro."
|
|
|
 |
|
|
|
|
|