Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

19 07/08
Portada arrow Novas arrow Xerais arrow O PSOE de Baiona denuncia o recorte no servizo de recollida do lixo.
O PSOE de Baiona denuncia o recorte no servizo de recollida do lixo. PDF Imprimir Correo-e
(3 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 25-04-2008

Visitas : 330


ImageOs socialistas de Baiona denuncian de novo o recorte no servizo de recollida do lixo nas parroquias de Baiona. Afirman que dende a chegada ao poder do goberno do popular Jesús Almuiña veñen realizándose de forma progresiva un recorte nos servizos que reciben os cidadáns residentes na vila.

O PSOE asegura que durante o seu mandato limpábanse e baldeábanse diariamente todas as rúas do casco urbano, mantendo limpos e en bo estado os contenedores do lixo. Así mesmo recordan as labores de limpeza que se realizaban para manter en bo estadoos camiños e viais nas parroquias.

O PSOE de Baiona segue apostando porque a vila sexa referente no norte peninsular como Vila de destino turístico e á súa vez convértase nunha localidade residencial atractiva para os xa residentes e para todos aquelas persoas que poidan ter a intención de afincarse como veciños do pobo.

Segundo Arturo Pereira, "esta aposta pasa, evidentemente, por manter de forma adecuada os servizos municipais, cuxo bo ou mal funcionamento establece a imaxe que queda dun pobo. É evidente que a política que esta levando a cabo o P.P., co recorte sistemático dos servizos e unha xestión inadecuada e ineficaz dos existentes nos esta conducindo a todo o contrario e con iso á perdida de expectativas de futuro."




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

  • Relacionadas
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Estarías de acordo en que Baiona, Nigrán e Gondomar se unisen nun só concello?