Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

21 11/08
Portada
Baiona con Amadeo e Ángel PDF Imprimir Correo-e
(5 votos)
 

Escrito por baionaconsciente.blogaliza.org, o 26-04-2008

Visitas : 950


ImageImageQuizáis nestes intres de revolución cultural que semella vai vivir Baiona esta fin de semana, con dúas formas de ver a cultura e inclusive a política tan diferenciadas e antagónicas, debería xurdir unha terceira vía que serena os ánimos e nos mova á reflexión. Non queriamos falar de Amadeo e Ángel ata saber que estaba ben e coas súas familias, pero o tempo pasa e eles siguen secuestrados por mercenarios extorsionadores.

E resulta que nin se anula a Feira de Abril nin ese contestatario Serán á Beira do Mar. ¿Qué pasaría se unha banda terrorista tivera secuestrados a Jesús Vázque Almuiña e a Rafa Lores? Por pór un exemplo. Esta fin de semana somentes poderiamos sair á rúa á manifestación convocada por todos os grupos políticos, falariamos nas rúas de que é unha salvaxada reter en contra da súa vontade a dúas persoas que nada fixeron para merecer tal tormento e moito menos as súas familias.

Pero claro, é que Amadeo e Ángel non son políticos, o secuestro é moi lonxe das portas das nosas casas e os secuestradores non son nacionalistas radicais. Pois nas casas das familias destes dous mariñeiros o drama é tan duro que en canto escoiten sevillanas ou gaiteiradas preguntaránse cómo pode haber alguén con ganas de festa cando hai dous baioneses que se están xogando a vida polo simple feito de estar a traballar. E logo dirán que o peixe anda caro.

Máis acerca de Baiona Consciente 




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 1 de 1 Comentarios

Algo ten que ver pero non tanto

Escrito por: XANVAL (Rexistrado) o 26-04-2008

Algo ten que ver pero non tanto

Escrito por: XANVAL (Rexistrado ) o 26-04-2008

¡Algo ten que ver pero non tanto! 
A tensión que sofre unha familia nun caso de secuestro non ten medida. Todos, e cando digo todos tamén meto no saco aos politicos que dun tempo para aca pares que son "o cu do Mundo", debemos ser conscentes de elo. E temos que ser solidarios con esas familias. 
Pero por desgraza o Mundo esta cheo de situacións que deben arrepiarnos de dor e de espanto. Os nenos que estan a morrer de fame. Os mortos das estradas. Os "cabróns" do narcotrafico que defan mozos e familias. Os ..... tantos casos máis. 
E o Mundo por iso, non se para, nin se debe parar, pero tampouco hemos de votala vista para outro lado " y que la fiesta siga". 
A xente a de respirar. E precisa de ter momentos para esquecer, ainda que lle coste traballo, sorrir. Os momentos de festa, calquer festa - sevillanas ou muiñeiras-, axudanlle a vivir e soportar esta vida tan chea de amargas situacións.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 1 de 1 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >