|
Dúas empresas optan a redactar o futuro Plan Xeral de Nigrán |
|
|
|
|
Escrito por A. Martinez - A Voz de Galicia
|
|
Sábado, 26 de Abril do 2008 |
 Dúas empresas consultoras, a viguesa Barcovi e a coruñesa Arnaiz, son as únicas que se presentaron ao concurso público para a redacción do PXOM de Nigrán, segundo púidose saber onte, tras pecharse o prazo para a presentación de candidaturas.
O goberno municipal adxudicará os traballos o próximo día seis de maio, despois de que se reúna unha comisión formada por un representante por cada grupo político, dous técnicos da Xunta, o arquitecto, o enxeñeiro, o interventor e o secretario municipal. A redacción do futuro planeamiento custará 225.000 euros, dos que o oitenta por cento serán aportados pola dirección xeral de Urbanismo e o resto completarase con fondos propios do Concello. Continúa na Voz de Galicia
|