Durante os próximos días 01 de maio ao 11 do mesmo mes, celebrásese no Val Miñor (Gondomar, Nigrán e Pontevedra) , o campionato intercontinental de bolos celta 2.008. Participaran os equipos da Federación Española de Bolos, Federación Asturiana de Bolos, Federación Galega de Bolos, Centro Deportivo e Social de Bolos Val Miñor de Montevideo (Uruguay), e os equipos representantes da Asociación Arxentina de bolos: Circulo Social Val Miñor de Bos Aires (Arxentina), Centro Cangas de Narcea de Bos Aires (Arxentina) e o Centro Galicia de Bos Aires (Arxentina).
Os días 01 e 02 de maio xogarase o campionato individual nos campos de Praia América de Nigrán.
Os días 03 e 04 de maio xogarase o campionato de parellas nos campos de As Cercas de Gondomar.
Os días 10 e 11 de maio xogarase o campionato de equipos en Tineo (Asturias).
As expedicións Uruguaya e Arxentina chagaron a Vigo o pasado día 29 de abril, e regresarán a américa o día 13 de maio.
Durante o seu estadia en terras miñorás serán recibidos en recepción polos Alcaldes dos Concellos de Gondomar e Nigrán, ademais de participar nunha excursión polo Baixo Miño, visitando A Garda (monte do Tecla), e adega do Lar de Cerveira de viño no Rosal (con demostracións e desgustacións de viño e aguardentes e unha comida na propia adega) para logo visitar o pobo fronteirizo de Tui.
O torneo foi presentado no salón de actos do Concello de Nigrán o pasado día 30 de abril coa seguinte relación de xogadores e quipos.
CENTRO VAL MIÑOR DE MONTEVIDEO (URUGUAY)
Angel Paz, Hebert Senna, Carlos Arnejo e José Veloso.
CIRCULO SOCIAL VAL MIÑOR DE BOS AIRES (ARXENTINA)
Jorge Ferreiro, Manuel Gonda, Martin Navós e Rodrigo Navós.
CENTRO CANGAS DE NARCEA DE BOS AIRES (ARXENTINA)
Daniel Alvarez, Marcial Cadeas, José Berlanga e Arnaldo Viturro.
CENTRO GALICIA DE BOS AIRES (ARXENTINA)
José Alvarez, Francisco Alvarez, Carlos Fernández e Jorge Furci.
FEDERACION GALEGA DE BOLOS
Lorenzo Campos (Bolos Xunqueira), José Rodriguez (Bolos Mañufe); Fernando González (Bolos Ceán); Jose M. Torres (Bolos San Cibrán); Esteban González (Bolos Urgal); Pedro Lago (Bolos Mañufe); Jose M. Martínez (Bolos Vilachán) e Manuel González (Bolos Medialdea).
FEDERACION ESPAÑOLA DE BOLOS
Inocencio Valverde e Javier Fontán (Bolos Xunqueira-Federación Galega de bolos) e Manuel Bo e David Menendez, pertencentes á Federación Asturiana de Bolos.