Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

07 07/08
Portada arrow Canais arrow Deportes arrow A Copa de Galicia de Basket traládase a Nigrán por un erro da concellalía de deportes de Baiona
A Copa de Galicia de Basket traládase a Nigrán por un erro da concellalía de deportes de Baiona PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 02-05-2008

Visitas : 410


ImageIndignación do Clube de Baloncesto de Baiona ao ter que trasladar os encontros da Copa de Galicia ao concello veciño de Nigrán logo de que a concellalía de Deportes de Baiona organizase un encontro deportivo "a última hora e sen contar con ninguén". O encontro tivo que celebrarse no pabillón de deportes de Panxón xa que as pistas deportivas estaban opcupadas cun torneo de fultbol sala entre bandas de música.

 

Segundo a nota publicada polo clube, os encontros da Copa Galicia que onte deberían disputar os cadetes e juniors masculinos en Baiona correspondentes á volta de cuartos de final da competición autonómica, víronse obrigados a disputarse no Pabillón Municipal de Nigrán debido a que a Concellalía de Deportes de Baiona, aínda sabendo destes dous partidos fixados dende o 18 de Abril, decidiu organizar un torneo de futbol sala de bandas de música "a última hora e sen contar con ninguén," obrigando deste xeito ao clube "a xogar como visitantes nuns encontros de gran importancia para os nosos mozos".

Duras críticas do BNG
O clube, pais e nais dos rapaces mostraron a súa indignación, decepción, e amosáronse disgustados ante este "desprezo" por parte do seu propio concello. "Se o noso propio Concello non nos protexe en competicións onde o nome de Baiona pronúnciase a nivel autonómico, de pouco serve o que se poida estar traballando e conseguindo por esta entidade."

O clube pregunta públicamente ao concello se "necesita máis probas do traballo desenvolvido por este clube" cousa que consideran "xa comeza a ser complicada, e máxime cando con situacións como esta quítanche as ganas de organizar nada."

O portavoz do BNG Xose Enrique foi máis duro nas críticas, e non dubidou en tildar á concelleira de deportes Mª Jesús de "verdadeiro floreiro" asegurando que "é especialista en crear problemas onde non existen".

Segundo o Bloque "Cando non se traballa con interese, cando se ocupa un posto de responsabilidade e non se sabe estar, cando a ineptitude e a tónica habitual, o resultado non tarda en sair á luz."
O BNG asegura que a concellala de deportes "non foi quen de resolver a papeleta máis que votando fóra a este clube, tendo que buscarse eles mesmos a vida".

A concellalía de deportes comprometeu o encontro de fultbol sala "sen preguntar si o pabillon de deportes municipal estaría valeiro para estas datas".

O portavoz do BNG pide ao alcalde "que tome nota de estos atropelos e tome as medidas oportunas, sabedor da falla de capacidade do seu grupo."

Victoria para o Anfaco Baiona
O encontro rematou coa vistoria do equipo Anfaco Baiona por dez puntos ao equipo rival da Compañía de María Coruña.
O clube de baloncesto agradeceu a colaboración do Concello de Nigrán e do C. B. Airexa Nigrán por permitir e facer un oco no pabillón de deportes, pedin desculpas a xogadores, pais e afeccionados por este feito.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 1 de 1 Comentarios

Sabemos o que votamos?

Escrito por: Marcote (Invitado) o 03-05-2008

Sabemos o que votamos?

Escrito por: Marcote (Invitado ) o 03-05-2008

Isto é un despropósito :upset . Gustaríame escoitar a opinión da concelleira e do Alcalde, poruqe se isto sigue así, Baiona vai ser un caos. Iso sí, o PP seguirá sacando maioría, aquí o voto non se ide pola eficacia senón por colocar ao fillo e pola fidelidade incondicional ao partido.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 1 de 1 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >