| Escrito por A. Martinez - A Voz de Galicia,
o 04-05-2008
|
Visitas : 464 |
 O vertedoiro de Porto do Molle pasará á historia a partir deste ano. A Consellería de Medio Ambiente levará a cabo o selado definitivo deste vertedoiro situado nunha zona forestal, segundo anunciou onte o alcalde, Efrén Juanes.
A obra suporá un desembolso de preto de 800.000 euros e desde o Concello estase xestionando a modificación do proxecto para poder clausurar tamén o vertedoiro das Torbas, situado a uns 500 metros de distancia. Está previsto que as obras comecen antes do verán. Continúa na Voz de Galicia
|
|
|
|