Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

04 12/08
Portada arrow Canais arrow Planeta Terra arrow Tertulia do IEM con Xosé V. Ferreirós, músico de Milladoiro
Tertulia do IEM con Xosé V. Ferreirós, músico de Milladoiro PDF Imprimir Correo-e
(2 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 08-05-2008

Visitas : 453


 
Xosé V. Ferreirós
Xosé V. Ferreirós
Xosé V. Ferreirós andaba, nos comezos dos setenta, na compaña de Nando casal e Ramón García Rei percorrendo romarías, festas e teatros... do país, sempre en contacto cos vellos gaiteiros herdeiros directos da tradición: Os Campaneiros, os irmáns Garceiras, os Areeiras, os Rosales e un longo etcétera foron colegas, mestres e compañeiros. Formaban “Faíscas do Xiabre”, grupo de música tradicional nacido á beira do Ulla, en Catoira, quen deixaron un fermoso disco que deron en titular “In Memoriam”. Doutra banda estaban dous músicos que anos antes colleran a teima das sonoridades e instrumentos medievais. Naquela época a zanfona, a cítola, a ocarina, o freixolé converteron os seus pasos nunha especie de pelegrinaxe por Galicia adiante buscando quen as tiña, quen as facía, onde se podían atopar. Eran tempos non abondosos e a inquedanza era testemuña dunha realidade precaria, pero aínda así apostaron por emprender o camiño. Son Rodrigo Romaní e Antón Seoane. Froito do seu traballo naceu o disco “Milladoiro”.

Logo sumouse Xosé A. Méndez e despois outros integrantes do actual Milladoiro.

Nestes anos Pepe Ferreirós, a xeito de arqueológo da música, procurou nos interpretes tradicionais e nos cancioneiros composicións para actualizalas mantendo ese punto xusto entre tradición e modernidade que inspira a súa visión musical

O Venres, 9 de maio ás 20:30 no Pazo da Escola de Mañufe, Gondomar terá lugar unha nova TERTULIA DO IEM co músico e profesor Xosé V. Ferreirós. O noso convidado será presentado polo profesor, gaiteiro e vicerrector da U. de Vigo Iván Área.

Ao remate do faladoiro, aberto ao público en xeral, haberá unha cea co noso convidado que terá lugar no mesmo PAZO DA ESCOLA de Mañufe, Gondomar. Para asistir á mesma e dado o limite de prazas compre facer a reserva correspondente ben no 680 644 490.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
 

Verde TV

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa