| Escrito por Redaccion,
o 09-05-2008
|
Visitas : 333 |
O cantante nigranés Iván Ferreiro actuará en Vigo o próximo 15 de xuño, na sala principal do Centro Cultural Caixanova. O concerto servirá de presentación do novo traballo do músico vigués titulado "Mentiroso, mentiroso".
A terceira entrega individual do ex compoñente dos Piratas supón a confirmación definitiva dunha traxectoria en solitario iniciada fai cinco anos. Se nas dúas primeiras entregas, Iván Ferreiro limitouse a tentear as súas posibilidades no panorama musical español, con "Mentiroso, mentiroso" a aposta é total, engadindo á calidade xa demostrada nos dous primeiros traballos, unha perfecta campaña de introdución no mercado discográfico. Continúa na Voz de Galicia
|
|
|
|