| Cultura polas rúas |
|
|
|
| Escrito por baionaconsciente.blogaliza.org | |
| Mércores, 14 de Maio do 2008 | |
Saudamos con ledicia a iniciativa mancomunada dos tres concellos do Val Miñor xunto co colectivo Espazo Lectura. O "bookcrossing" consiste en deixar libros polas rúas para que a xente os lea e logo os volte a deixar para que outra persoa siga a cadea. Na web os lectores van deixando o rastro de lecturas dos libros deixados.
Evidentemente os amigos do alleo non entenden o concepto desta iniciativa e prodúcense moitos "extravíos", pero continuamente editoriais e particulares fan donacións xenerosas para que a cultura siga difundíndose. O Val Miñor entra con forza neste movemento que ata o de agora ten maior incidencia nas cidades. Alegrámonos que ademáis podamos ver a tres concellos con gobernos dispares na conformación política dos mesmos colaborando na difusión da cultura e, sobre todo, en datas cercanas á celebración do Día das Letras Galegas. Pódense seguir as actividades de Espazo Lectura no seu blogue. Máis opinións en baionaconsciente.blogaliza.org |
| < Ant. | Seg. > |
|---|