Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 07/08
Portada arrow Canais arrow Motor arrow Gondomar, Meira e Nigrán 'parlan' catalán
Gondomar, Meira e Nigrán 'parlan' catalán PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 

Escrito por Vieiros.com, o 14-05-2008

Visitas : 193


Uns 150 alumnos de ensino secundario de Cataluña estudan a lingua e a cultura do noso país nos seus centros, á vez que unha vintena de estudantes do IES Pedregal, en Meira, e do IES Augas de Laxe, en Gondomar, aprenden o catalán.
Trátase do proxecto Galauda unha iniciativa posta en marcha en 1999, ao que está previsto se una no vindeiro curso o IES Escolas Proval de Nigrán, tamén na comarca de Vigo. A conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, e a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, recibiron este martes a un grupo de 64 alumnos cataláns -algúns deles descendentes de galegos- no marco deste proxecto en que tamén colabora Vicepresidencia.

Na actualidade, uns 150 alumnos de media ducia de institutos cataláns aprenden a lingua de Galiza dentro da oferta educativa deses centros.

"Unha lingua sen falantes morre"
Durante o acto de recepción, a coordinadora do proxecto, Sabela Labraña, repasou os problemas que para difundir e usar tanto o galego como o catalán houbo na historia, e subliñou que "unha lingua que non ten falantes acaba morrendo".

"De que depende a vida das linguas?", preguntou a coordinadora, que contestou seguidamente "da xente que as fala". Ademais, considerou que "agora hai a oportunidade de que todas as linguas sexan iguais e que o galego e catalán sexan linguas normais".



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >