
O protavoces dos partidos da oposición de Nigrán, o independente Antonio Fernandez (UCN) e Alberto Valverde (PP) piden ao goberno local información sobre a última proposta alternativa de enlace do polígono industrial de Porto do Molle coa autoestrada do Val Miñor. O anterior proxecto de enlace da autopista contou cun forte rexeitamento veciñal e de todos os grupos da oposición.
O concellal de medioambiente Juan Hermida consideraba que ese enlace era lesivo para a seguridade dos veciños e que implicaba un grave impacto medioambiental para a contorna do río Muiños e a súa desembocadura xa que a súa ubicación estaba prevista na zona de maior risco de inundabilidade.
UCN solicitou tamén a supresión da peaxe na intercomunicación dos concellos do Val Miñor tal e como plantexou ao Emilio Perez Touriño na súa última visita a Nigrán.
Antonio Fernández, felicitouse de que a Xunta rectifique e reprocha ao goberno de Nigrán a súa actitude "servil ante la intransigencia inicial de la xunta" e argumenta que "tuvo que ser la oposición quien impulsase una moción, mostrando el rechazo absoluto a la propuesta que eliminaba 20.000 m2 de zona verde".
Antonio Fernández agarda que a nova alternativa de conexión "sea dada a conocer a los grupos políticos con transparencia y que la solución adoptada garanta las aspiraciones de los nigraneses".
UCN considera que é un triunfo da oposición e dos cidadáns "sobre un alcalde sobre un Alcalde que está perdido e non fai outra cousa que dar bandazos sen rumbo nin ideas."