Os cadáveres de tres grandes mamíferos mariños que vararon desde o venres e ata o domingo pasados nas costas de Oia e de Nigrán xeraron un verdadeiro problema en ambos os concellos. O último foi un calderón común que apareceu o domingo pola noite sobre as rocas de Mougás, á altura do cámping O Muíño.
Operarios municipais do Concello de Oia envolveron onte ao animal nunhas redes e atárono cun cabo metálico para despois izalo desde un tractor situado no alto dun pequeno cantil.