Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

21 11/08
Portada arrow Especiais arrow Esteiro da Foz arrow A Xunta invirte 660.808,58 € en obras de saneamento no Concello de Nigrán
A Xunta invirte 660.808,58 € en obras de saneamento no Concello de Nigrán PDF Imprimir Correo-e
(2 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 26-05-2008

Visitas : 586


ImageA Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible a través de Augas de Galicia ven de confirmar a realización de obras de saneamento no Concello de Nigrán por importe de 660.808,58 € dentro da colaboración técnica e financiera da Administración Hidráulica de Galicia coas entidades locais en materia de abastecemento e saneamento de augas segundo un proxecto presentado ante dita administración polo goberno de Nigrán. O compromiso adquirido coa Xunta polos concellais de urbanismo, mediambiente e o propio alcalde, Efrén Juanes o ano pasado , prevía un invetimento de 300.000€ por parte da administración; a metade do investimento finalmente acadado.

Na parroquia de Chandebrito existen un gran número de vivendas sen saneamento que conducirsanse con esta obra aos colectores existentes en Camos para o seu tratamento na Estación Depuradora do Concello de Nigrán. Completarase polo tanto o saneamento integral de Chandebrito con estas actuacións nos Barrios de Tomadas, Barrio da Igrexa, Barrio de Pracíns e das Rozadas.

Un problema similar ocurre na parroquia de Camos, concretamente na Rúa Roteas e Rúa do Río, sendo necesaria a dotación dunha rede de recollida de augas fecales coa súa conexión a rede existente.

No caso da Rúa Areosa na parroquia de San Pedro da Ramallosa, o problema é diferente xa que debido a gran confluencia de tuberías no último tramo do colector, que entra na estación de bombeo, este vese saturado. As obras consistirán na instalación dun novo colector cun diámetro superior totalmente imprescindible para evitar saturacións e os vertidos, por rebosaderos, cara ao Río Muíños.

A finalidade das obras é dotar as vivendas de Chandebrito e das rúas Roteas e do Río de Camos dun servizo tan elemental como é o do saneamento, totalmente inexistente na actualidade o que produce diversos problemas de tipo medioambiental e incluso sanitario. O obxecto das obras na Rúa Areosa é solucionar o problema de saturación do colector existente.  

O novo goberno de Nigrán insite na súa intención que busca o finanzamento das administracións autonómica e estatal para a realización das obras máis inportantes do concello, sen que isto supoña incrementar o gasto nas mermadas arcas municipais. O goberno de Nigrán está convencido en priorizar nos vindeiros anos o abastecemento e sanemento integral do concello en pro dun beneficio medioambiental e un crecemento sostible do municipio.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
  • Relacionadas
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa