| Escrito por Redaccion,
o 30-05-2008
|
Visitas : 498 |
 Areal de Area Fofa durante as obras de construcción do paseo litoral A Xefa da Demarcación de Costas de Pontevedra do Ministerio de Medio Ambiente, Cristina de Paz, informou que esta semana comenzarían os aportes de area para recuperar os areais de Madorra e Area Fofa. Os áridos, procedentes de A Guarda, son o resultado do dragado do río Miño e empezarán a transportalos a Nigrán no día de hoxe, cando se prevé que sobre as once da mañá cheguen os primeiros camións.
A necesidade de aportar regularmente area a estas praias é o resultado da alteración do entorno destes espacios pola construcción de muros de carreteras e paseos que alteran o correcto equilibrio do areal e producen unha paulatina desaparición do mesmo. Por esta razón, alí onde sexa posible, como é o caso de Panxón e Praia América, cómpre recuperar o espacio dunar como garantía de mantemento dos areais existentes. O concello de Nigrán en colaboración coa Demarcación de Costas de Pontevedra do Ministerio de Medio Ambiente e co apoio da Consellería de Innovación e Industria está a desenvolver un intenso labor de recuperación destes espacios dunares.
|
|
|
 |
|
|
|
|
|