Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

11 10/08
Portada arrow Novas arrow Nigrán arrow Recuperación dos areais de Madorra e Area Fofa
Recuperación dos areais de Madorra e Area Fofa PDF Imprimir Correo-e
(2 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 30-05-2008

Visitas : 511


Areal de Area Fofa durante as obras de construcción do paseo litoral
Areal de Area Fofa durante as obras de construcción do paseo litoral
A Xefa da Demarcación de Costas de Pontevedra do Ministerio de Medio Ambiente, Cristina de Paz, informou que esta semana comenzarían os aportes de area para recuperar os areais de Madorra e Area Fofa. Os áridos, procedentes de A Guarda, son o resultado do dragado do río Miño e empezarán a transportalos a Nigrán no día de hoxe, cando se prevé que sobre as once da mañá cheguen os primeiros camións.

A necesidade de aportar regularmente area a estas praias é o resultado da alteración do entorno destes espacios pola construcción de muros de carreteras e paseos que alteran o correcto equilibrio do areal e producen unha paulatina desaparición do mesmo.

Por esta razón, alí onde sexa posible, como é o caso de Panxón e Praia América,  cómpre recuperar o espacio dunar como garantía de mantemento dos areais existentes. O concello de Nigrán en colaboración coa Demarcación de Costas de Pontevedra do Ministerio de Medio Ambiente e co apoio da Consellería de Innovación e Industria está a desenvolver un intenso labor de recuperación destes espacios dunares.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Consideras necesaria a intervención xudicial na situación económica de Nigrán?