Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

11 10/08
Portada arrow Novas arrow Baiona arrow O Concello de Nigrán recibe 300.000 € da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia para a contrata
O Concello de Nigrán recibe 300.000 € da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia para a contrata PDF Imprimir Correo-e
(3 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 06-06-2008

Visitas : 517


A Concelleira de Emprego, a socialista Purificación Leal Docampo, sinala que a xestión e a colaboración coa Xunta de Galicia fará que este mes incorpórense a plantilla de Nigrán 25 personas en Programas Cooperación e 43 no Obradoiro de Emprego Nigrán II.

A Xunta de Galicia a través da Consellería de Traballo e cofinanciado polo Fondo Social Europeo ven de aprobar a subvención ao Concello de Nigrán de 300.000 € para a contratación de personal para diferentes programas.

A subvención recibida dende a Consellería de Traballo que cubre o 100% dos gastos de contratación, como mostra  según destaca o concello, "do compromiso das diferentes administracións co goberno de Nigrán e a capacidade de xestión por parte dun goberno que está a traballar co único obxectivo de velar polos  interes dos vecinos e veciñas de Nigrán con responsabilidade e sin demagoxias."

Así o goberno de Nigrán verase beneficiado coa contratación de once socorristas Federados para praias que, xunto cos membros de Protección Civil, encargaranse da vixiancia dos arenais de Nigrán durante os meses de verán. Dende o 15 de xuño ao 15 de setembro as praias de Nighrán contarán con este servizo subvencionado ao 100% pola Xunta de Galicia por un importe de 44.711.71€.

Durante os próximos 12 meses o Concello de nigrán disporá duna Brigada de catro personas para Limpeza e Desbroce, adxunta a Concellería de Parques e Xardíns, tamén financiada pola Consellería de Traballo e o FSE cunha cantidade de 55.621,92€.

Unha ou un traballador de Técnico de Xuventude Ciclo Superior ocuparase de levar a cabo “accións docentes e didácticas na Concellería de Xuventude” durante os próximos nove meses.  

Tamén nos próximos nove meses a Concellería de Cultura e Deportes disporá de dúas personas gracias a contratación, a través dos programas de Cooperación da Consellería de Traballo, dun animador ou animadora sociocultural e un animador ou animadora para actividades físicas, técnico ou técnica de deportes.

 Un Técnico Superior en Turismo levará a cabo o seu traballo en Nigrán nos próximos seis meses para realizar a obra ou servizo de “Animador Turístico” adxunto á Concellería de Turismo.

Durante os próximos 12 meses dous ordeanzas serán contratados tamén a través de este programa para traballar no Pavillón de Deportes e no Centro de Información a Muller (CIM).

Catro Peóns, adscritos a Concellería de Obras, serán tamén contratados durante 9 meses  subvención e completarán a cuadrilla de Obras que tan boa labor está a facer no ámbito municipal.E por último, un auxiliar administrativo completará estas 25 contratacións que levará a cabo o Concello de Nigrán no mes de xuño co fin de ofrecer un mellor servizo aos cidadáns e coa complicidade e colaboración da Xunta de Galicia.

Co apoio da Consellería de Traballo, o concello de Nigrán pon en marcha un gran proxecto de emprego co que se contratarán a 25 personas desempregadas para levar a cabo diferentes obras no concello. Puri Leal manifesta que "as administracións Locais non podemos permanecer ao marxen nun momento no que as perspectivas de emprego están máis estancadas a nivel mundial."



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

  • Relacionadas
 

Documentación Baiona

Documentación PXOM

Contido do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Baiona

  1. INFORMACIÓN URBANÍSTICA
    1. Memoria informativa (.pdf 1MB)
    2. Planos de información xeral (.pdf 114MB)
    3. Planos información dos núcleos rurais 1/2000 (.pdf 43MB)
    4. Planos de información do casco urbano 1/1000 (.pdf 32MB)

  2. ESTUDO DO MEDIO RURAL E ANÁLISE
    DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL
    1. Memoria medio rural (.pdf 2MB)
    2. Modelo de asentamento poboacional (.pdf 2MB)
    3. Fichas de núcleos rurais, planos e ortofotos (.pdf 2MB)

  3. ORDENACIÓN
    1. Memoria xustificativa (.pdf 16MB)
    2. Estratexia de actuación e estudo económico (.pdf 62MB)
    3. Planos de ordenación dos núcleos 1/2000 (.pdf 48MB)
    4. Planos de ordenación do casco urbano 1/1000 (.pdf 150MB)
    5. Planos de clasificación do solo. Estrutura xeral do territorio 1/5000 (.pdf 44MB)
    6. Planos de infraestructuras 1/5000

  4. NORMATIVA URBANÍSTICA
    1. Normativa urbanística de Baiona (.pdf 138MB)

  5. CATALOGO DO PATRIMONIO CULTURAL
    1. Patrimonio arquitectónico e etnográfico (.pdf 15MB)
    2. Patrimonio arqueolóxico (.pdf 15MB)

 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa