Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 01/09
Portada
Inaugurado o Paseo Carlos Casares e a escultura A Galiña Azul en Gondomar PDF Imprimir Correo-e
(2 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 06-06-2008

Visitas : 819


O pasado sábado, 17 de maio, Día das Letras Galegas quedou inaugurado o paseo Carlos Casares na vila de Gondomar. O acto contou coa presenza a viúva do escritor e presidenta da Fundación Carlos Casares, Cristina Berg, e do alcalde de Gondomar, Antonio Araúxo. Lembrar a Carlos Casares con este paseo que bordea o parque da Coelleira á beira do río Miñor fora acordado pola anterior corporación municipal ante unha iniciativa do Instituto de Estudos Miñoranos e a concellería de cultura.

Despois de descubrir as dúas placas de bronce que indican o comezo e o final do paseo deseñadas por Alfonso Soliño Troncoso, procedeuse á inauguración dunha escultura inspirada nun dos primeiros textos de literatura infantil galega “A Galiña Azul”, publicado en 1968, e con varias reedicións posteriores. Estamos pois no corenta aniversario da súa publicación.

Cóntalle o autor, Carlos Casares, a Ana, bonita como “unha mazá” cando con dous dedos dicía a súa idade antes de, hai xa sete anos, marchar para Santander cos seus pais, uns contos escritos “na túa lingua”. Un deles é o da galiña azul de Lorenzo, que pon ovos de cores e di “cocorocó” na vez de “cacaracá” e por iso o alcalde a quere prender pero os gardas non puideron levar a galiña xa que non a puideron recoñecer pois os veciños pintaron todas as galiñas de azul, mentres o Leoncio estalle a ensinar a dicir “cacaracá” en público para que non a descubran.

A escultura é tamén obra de Alfonso Soliño Troncoso, arquitecto técnico e membro da Xunta de Goberno do Instituto de Estudos Miñoranos. Está realizada en aceiro cortén, madeira e aceiro inoxidable, mide dous metros de alto e 1,60 de ancho, mentres que os ovos son caixas prismáticas de aceiro cortén que conteñen no seu interior pedras de colores. Trátase polo tanto dunha obra conceptual que emprega tamén a técnica do inacabado. A Galiña ten o seu corpo orientado cara a Vilariño, onde está a casa de Casares, e a cabeza cara a Nigrán, onde , no cemiterio de San Fiz, está soterrado o noso escritor.

A obra escultórica foi posible grazas tanto ao desinteresado traballo do escultor como á colaboración de tres empresas de Gondomar: Granitos Vincios (GRAVÍN SA), Materiais de Construcción José Quintas e a empresa de mobles de cociña e baño Hermanos Sánchez Blanco SA que xenerosamente sufragaron os gastos.

  Despois das palabras do alcalde, Antonio Araúxo, e de Cristina Berg a Banda de Música de Vincios puxo o peche ao acto coa interpretación do himno galego.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2009 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >