| Concerto de blues interactivo na sala Clandestino |
|
|
|
| Escrito por Redaccion | |
| Sábado, 07 de Xuño do 2008 | |
Este sábado 7 de xuño a partir das 23:30h, Radio PAI fará o seu primeiro experimento ao vivo.O concerto que Miki Nervio & the Bluesmakers van a ofrecer na sala Clandestino de A Ramallosa (Nigrán) vai ser retransmitido en directo pola web. A primeira emisión en probas da nova radio de PAI Música. Un concerto interactivo. Os ointes online poderán "chatear" en pleno concerto. As súas mensaxes serán proxectadas nunha pantalla xigante en directo para o público presente na sala, e incluso Miki e o resto do grupo poderán respostar ás preguntas que os ointes fagan. Non perdades a oportunidade de escoitar a Miki Nervio e "sintoniza o dial web" en Radio PAI - Sala de Concertos |
| < Ant. | Seg. > |
|---|