Este sábado 7 de xuño a partir das 23:30h, Radio PAI fará o seu primeiro experimento ao vivo.
O concerto que Miki Nervio & the Bluesmakers van a ofrecer na sala Clandestino de A Ramallosa (Nigrán) vai ser retransmitido en directo pola web. A primeira emisión en probas da nova radio de PAI Música.
Un concerto interactivo. Os ointes online poderán "chatear" en pleno concerto. As súas mensaxes serán proxectadas nunha pantalla xigante en directo para o público presente na sala, e incluso Miki e o resto do grupo poderán respostar ás preguntas que os ointes fagan.
Representantes das editoriais Kalandraka e Faktoría K atópanse na cidade chinesa de Tianjin para participar nunha nova edición da Feira Internacional do Libro de China...
Davida e Kalosú, dous dos membros do colectivo vigués Fuck Cómics, acaban de iniciar a súa colaboración co portal Novaxove.com, de Caixanova. Os dous autores...