Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 01/09
Portada
Jose " O dos fígados esfarelados" PDF Imprimir Correo-e
(2 votos)
 

Escrito por Antonio Valverde, o 12-06-2008

Visitas : 983


ImageChamábanlle José porque daquela non se levaba falar o galego. El si falaba galego, máis ou menos, o que se falaba na bisbarra e sempre dicía a  pouco que se falase con el, que tiña “os fígados esfarelados”. 

Non se sabe por que tiña os fígados esfarelados pero o certo é que se queixaba de que non lle daban “o suisidio” e cando reclamaba o subsidio algún dereito habería de ter a el por ter enfermado no cuartel ao facer a “mili” ou noutro oficio ou traballo do que nunca falou.

El reclamábao no Concello de Gondomar pero dicía que non lle facían caso.

Cando lle preguntabas con quen falaba no Concello e lle nomeabas a algún empregado, como era o caso de Luísa Alonso, a resposta era sempre a mesma:  

    -“Bo, esa estache alí a darlle as mans”  

O que efectivamente facía pois era mecanógrafa.  

E a resposta érache do mesmo xeito por calquera que lle preguntases. Ninguén lle facía caso. 

Era un home alto e forte, levaba a cachola rapada, vestía roupa usada pero non farrapenta, andaba descalzo como andaba a maior parte da xente do campo ou do mar, e tiña os pes feridos polo talón por mor de que se lle abrían as durezas dos callos. A fasquía non era mala. 

Seica vivía para cima de Gondomar, en ¿Chaín ou en Couso?. Non se sabe. Pero baixaba a miúdo a Ramallosa e sobre todo no verán a Praia América. 

Non estaba moi contento cos “señoritos” da Praia América pois queixábase do pouco que xuntaba coas esmolas que lle daban e comentaba alá pola tardiña cando xa o sol se agachara detrás das illa Estelas:  

    -“¡Danme unha perra! ¡Se me desen unha peseta!” Falaba das moedas que cursaban entón. 

E non quedaba aí a cousa pois engadía:  

    -“Este domingo xuntei ….. E total ¿que?. Merquei un bocadillo de queixo e marmelo para comer e deille dous reais aos xitanos e alá se foron”. 

Como lle dixeses que se era así ¿como lle daba dous reais a os xitanos? puña unha faciana máis de noxo que de pena e contestaba: 

     -“Bo, ¡déronme pena!. 

Pero a teima de José érache o mal que estaba.  

   -“Andaban os bechos a comer nel e tiña os fígados esfarelados e ninguén lle facía caso para que lle desen o suisidio”. 

Algo de certo había de haber no que dicía José, pois axudado por non se sabe quen, nin que palillos houbo de tanguer, nin en que Organismo se fixo, pero o caso é que o José conseguiu que lle recoñecesen e desen o tal reclamado “suisidio”. 

Tamén parece que acadou unha boa morea de cartos polos atrasos que tiña que cobrar. 

Tampouco se soubo se conseguira botar fóra os bechos que lle tiñan “os fígados esfarelados” pois non se volveu ver pola bisbarra. 
 

      
Con agradecemento a Miguel Anxo Mouriño por correxir este esrito para axeitalo a nova normativa Galega. 




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2009 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
Titulares
  • Pause
  • Previous
  • Next
1/5
Image Excursión á Illa de Tambo A Concellalía de Educación que dirixe Este Pérez, organiza unha excursión para os cativos á Illa de Tambo para o vindeiro sábado 15 de novembro. A excursión está dirixida a nenos maiores de 8 anos e o prezo por neno é de 7€. A saída será ás 9 da mañá desde a Oficina de Turismo e o regreso aproximado ás 14h.
Ler máis...
 
 
Gondomar
Monti Castiñeiras, Xabier Deive, Mela Casal e Leonel Vieira, onte, durante un descanso do rodaje no pazo Villarés. C. Pereira Un "pazo Baión" en Gondomar A actriz galega Mela Casal, convertida por maxia do celuloide na sinistra matriarca Marica Alberro, traza un escuro plan ante os seus irascibles fillo...
 
Opinión
Turismo y Medioambiente Es un contrasentido que un Concello que tiene el orgullo de presentarse como Municipio de Excelencia Turística no cuide más la ubicaci...
Axenda
Image Xeira cultural pola Foz do Miñor As Concellerías de Turismo e Cultura, organizaron conxuntamente durante os meses de xullo e agosto rutas culturais e naturais para dar a co&nti...
 
Trebellos
Image Oitavos en robocampeones! Este venres pasado, oito alumnos e alumnas de Baiona asistiron ó campionato de robótica “robocampeones“, en Madrid. Dous dos...
Música
Image Niño y Pistola en concerto no Marrucho O vindeiro venres 5 de setembro o grupo pop miñorán máis internacional Niño y Pistola voltan en concerto no bar Marrucho ...
 
Cultura
Image Mostra de Teatro Roberto Vidal Bolaño Un ano máis, este outono, a partir do sábado 25 de outubro, celebraráse en Gondomar a Mostra de Teatro Roberto Vidal Bolañ...
 
Motor
Image Vehículos Hibridos II Continuando coa reportaxe anterior sobre os vehículos hibridos, ahora tocaba prestar atención o luxo, pasamos a Lexus...
 

Vigo Integra

Especial Plan Vigo Íntegra

A mina do Ulleiriño, en Baiona, unha das galerías drenantes mellor construída

Axenda

Participa

Imaxe crítica do Val Miñor. Estamos seguros de que durante o día atopas un milleiro de cousas que "che ferven o sangue" e que ninguén quere escoitar. Fai a túa foto denuncia. Nós si que te escoitamos.

O Foucellas

 Verdadeiramente, a maior parte da xente contaba os feitos do “Foucellas” dándolle un aire de criminalidade, os menos, os entendían coma feitos de guerrilla contra o réxime franquista.” ...
Leer artigo ...

Reflexións

O curuto do corvo. Por Carlos Méixome¡Memoria! ¿Que memoria?

 O Cruceiro de San Campio

O tempo

El Tiempo en Nigran - Predicción a 7 días y condiciones actuales.

Rexístrate

Se queres participar, crea a túa conta en valminor.info





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Considera eficiente o servizo de recollida do lixo en Nigrán?
 

Faladoiro


Trebellos >>

Canal Trebellos

Trebellos e novas
tecnoloxías

Música >>

Canal Música

Actualidade e novidades
musicais do momento.

Cultura >>

Canal cultura

Actividade cultural do
Val Miñor e comarca.

Planeta Terra >>

Canal Plante Terra

O canal verde do Val.

Motor >>

Canal Motor

O mundo do motor en
galego.