Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 01/09
Portada arrow Opinión arrow O cruceiro de San Campio arrow Jose " O dos fígados esfarelados"
Jose " O dos fígados esfarelados" PDF Imprimir Correo-e
(2 votos)
 

Escrito por Antonio Valverde, o 12-06-2008

Visitas : 984


ImageChamábanlle José porque daquela non se levaba falar o galego. El si falaba galego, máis ou menos, o que se falaba na bisbarra e sempre dicía a  pouco que se falase con el, que tiña “os fígados esfarelados”. 

Non se sabe por que tiña os fígados esfarelados pero o certo é que se queixaba de que non lle daban “o suisidio” e cando reclamaba o subsidio algún dereito habería de ter a el por ter enfermado no cuartel ao facer a “mili” ou noutro oficio ou traballo do que nunca falou.

El reclamábao no Concello de Gondomar pero dicía que non lle facían caso.

Cando lle preguntabas con quen falaba no Concello e lle nomeabas a algún empregado, como era o caso de Luísa Alonso, a resposta era sempre a mesma:  

    -“Bo, esa estache alí a darlle as mans”  

O que efectivamente facía pois era mecanógrafa.  

E a resposta érache do mesmo xeito por calquera que lle preguntases. Ninguén lle facía caso. 

Era un home alto e forte, levaba a cachola rapada, vestía roupa usada pero non farrapenta, andaba descalzo como andaba a maior parte da xente do campo ou do mar, e tiña os pes feridos polo talón por mor de que se lle abrían as durezas dos callos. A fasquía non era mala. 

Seica vivía para cima de Gondomar, en ¿Chaín ou en Couso?. Non se sabe. Pero baixaba a miúdo a Ramallosa e sobre todo no verán a Praia América. 

Non estaba moi contento cos “señoritos” da Praia América pois queixábase do pouco que xuntaba coas esmolas que lle daban e comentaba alá pola tardiña cando xa o sol se agachara detrás das illa Estelas:  

    -“¡Danme unha perra! ¡Se me desen unha peseta!” Falaba das moedas que cursaban entón. 

E non quedaba aí a cousa pois engadía:  

    -“Este domingo xuntei ….. E total ¿que?. Merquei un bocadillo de queixo e marmelo para comer e deille dous reais aos xitanos e alá se foron”. 

Como lle dixeses que se era así ¿como lle daba dous reais a os xitanos? puña unha faciana máis de noxo que de pena e contestaba: 

     -“Bo, ¡déronme pena!. 

Pero a teima de José érache o mal que estaba.  

   -“Andaban os bechos a comer nel e tiña os fígados esfarelados e ninguén lle facía caso para que lle desen o suisidio”. 

Algo de certo había de haber no que dicía José, pois axudado por non se sabe quen, nin que palillos houbo de tanguer, nin en que Organismo se fixo, pero o caso é que o José conseguiu que lle recoñecesen e desen o tal reclamado “suisidio”. 

Tamén parece que acadou unha boa morea de cartos polos atrasos que tiña que cobrar. 

Tampouco se soubo se conseguira botar fóra os bechos que lle tiñan “os fígados esfarelados” pois non se volveu ver pola bisbarra. 
 

      
Con agradecemento a Miguel Anxo Mouriño por correxir este esrito para axeitalo a nova normativa Galega. 




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2009 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Antonio Valverde

Antonio Valverde

Vigo 1935 

Nacido en Vigo no seo dunha familia gondomareña, pasou a súa infancia a cabalo entre a cidade olívica e o Val Miñor, para logo asentar a súa vida profesional en Madrid pero sen perder de vista o seu querido Val Miñor.

Neto de Manuel Alonso Pérez, o que fóra secretario do concello de Gondomar e un dos artífices administrativos das escolas Proval.
Neto tamén do mestre de obras Angel Valverde Saines, da Cabreira, ao que lle debemos o legado de casas tan singulares como a casa onde está ubicada a farmacia da Ramallosa.

Primeiros recordos do Val Miñor 

"Recordo ir dende a casas dos meus pais,  todos os días a bañarme á praia, pola vía do tranvía. Por un sendeiro porque non había nin estradas nin outro medio... Ou collías o tranvía e te apeabas no apeadeiro de Lourido ou ibas andando....

Nas casetas onde estaba Argimiro, onde te mudabas de traxe de baño. .. Saías aterido de frío e púñaste detrás da caseta ao resgardo do vento do norte, e se tiñas unhas perriñas, que eran poucas, si as tiñas lle mercabas unha mazá a Casimiro. Lembro comer aquela mazá detrás da caseta de Casimiro, e logo volver pra Ramallosa abafados de calor co traxe de baño mollado na cabeza."