| Escrito por Redaccion,
o 13-06-2008
|
Visitas : 613 |
O PSdeG-PSOE de Baiona aboga por unha formulación seria e meditado que defina a Baiona que se quere desenvolver de aquí a 15 anos, fundamentado o plan nun modelo de crecemento equilibrado e sostenible. Por desgraza para Baiona, a premisa do Alcalde e o seu equipo de goberno para a redacción do PXOM é a explotación do maior número de metros cadrados de territorio.
No referente ao chan urbanizado o documento presentado suscita un modelo de desenvolvemento baseado nun continuo de chan urbanizado. Destaca o delimitado polo parque da Virxe da Roca polo Sur, a autopista e vía rápida polo Leste e o río Miñor polo Norte, fundamentalmente, de carácter urbano. O PSdeG-PSOE de Baiona atópase preocupado pola gran extensión de chan urbano establecida no plan, sen unha adecuada planificación das necesidades dos veciños e ata con importantes dúbidas sobre se a cualificación dalgúns terreos definidos como chan urbano cumpren as esixencias da Lei 9/2002. Adicionalmente, e en relación co chan definido como urbanizable nuevamente destacan as grandes extensións de chan incluídas, máis de 550.000 m2 de superficie construible residencial entre chan delimitado e non delimitado. Con relación ao chan cualificado como rural, o crecemento proposto no plan é desmesurado, con núcleos de expansión que nalgúns casos teñen unha extensión catro veces maior que o consolidado. Adicionalmente, o crecemento proposto é confuso e, nalgúns casos, dana a identidade dos núcleos.
|
|
|
 |
|
|
|
|
|