
Dende fai pouco tempo se escoitan versións "eco" de moitos coches, reducción de emisións de CO2 e diferentes versións de cada fabricante para consumir menos e contaminar meno.
Pero o adianto realmente no camiño hacia a ecoloxía son os hibridos, gasolina-eléctrico e estes podense adquirir no mercado actual.
Antes de comezar a falar dos diferentes hibridos que hai no mercado, convén explicar que é iso de ser "hibrido". Os vehículos hibridos do mercado, levan un motor gasolina e acoplado un motor eléctrico que so funciona a vaixas velocidades e como complemento do gasolina, reducindo drásticamente o consumo de carburante.

A marca pioneira en esta tecnoloxía foi Toyota, e no mercado español leva co seu Toyota Prius 10 anos ofrencendo ecoloxía, baixas emisións, e consumo axustado. O Prius, é todo tecnoloxía. Conta con dous motores, o gasolina de 78 cv e un motor eléctrico de 48 cv, ademáis o seu consumo é realmente moi baixo (4,5 l/100 km de media) aínda que variable, porque en traxectos cortos onde non se necesite moita potencia funciona só o motor eléctrico con consumo 0.

En canto a imaxe é un vehículo algo extravagante, cun deseño axustado a súa función de ser eficiente, e cun interior cargado de tecnoloxía cunha pantalla central onde nos amosa o consumo do vehículo e o motor que está funcionando ademáis da carga do motor electrico, que se carga en frenadas con exceso de enerxía no coche, ou en marcha. Moi espacioso e ben equipado, con un gran maleteiro.
Prezo: Prius Sol 24.500 €

Outro hibrido do mercardo é o Honda Civic Hibrid, e coma un Honda Civic, pero con carrocería sedán e ademáis cun interior adaptado a función hibrida do vehículo. A visión xeral do Honda, é que parece maís unha berlina, pero tamén ten alguns defectos en motor e prestacións.
Inicialmente ofrece máis cabalos 95 cv, pero motor electrico só conta con 20 cv, ademáis o Civic Hibrid utilza menos o motor eléctrico, e iso se nota nos consumos xa que o Honda eleva a media ata os 6 l/100 km.
Na cidade por exemplo, é mais eficiente o Toyota que o Honda, pero tamén hai que ter en conta que o Honda é 1000 € máis barato que o Prius. Custa 23.500 €
Cabe destacar que ambas marcas ofrecen total seguridade coa súa mecanica, porque aquí en España non son moi comúns os hibridos, pero en Xapón ou EEUU son do maís común, e ademáis ofrecen 8 anos de garantia na mecanica eléctrica ambolos dous.
Ademáis de estar exentos do imposto de matriculación, e os hibridos teñen rebaixa nos impostos de traccción mecánica nalguns concellos. Na Proxima entrega desta reportaxe, falaremos da gama de luxo de Lexus que conta con motores hibridos, pero como son doutro segmento e doutras características decidín separar a reportaxe.
-Fotos: www.motorpasion.com
-Máis info: www.galegomotor.es (Reportaxe sobre os Hibridos en profundidade)
Moi caros
Escrito por: Pinto (Invitado) o 01-07-2008