Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 01/09
Portada arrow Canais arrow Trebellos arrow Xeiras do IEM 2008
Xeiras do IEM 2008 PDF Imprimir Correo-e
(2 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 25-06-2008

Visitas : 469


ImageComo xa é tradicional o Instituto de Estudos Miñoranos organiza todos os veráns -este ano por séptimo ano consecutivo- unha serie de visitas-guiadas ou xeiras a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val Miñor. Trátase de pequenos percorridos a realizar polas tardes dirixidos por especialistas no tema da visita. O programa está pechado e conta coa colaboración de diversas institucións. O mércores 25 de xuño, primeira das xeiras do verán 2008: visita nocturna a Chandebrito



Tres ciclos de xeiras
 
Este verán preparamos xeiras en tres ciclos con diferente tipoloxía. Xunto as xa clásicas  rutas de sendeirismo por diferentes lugares do noso entorno que conforman o primeiro ciclo, atopamos as que recuperan as saídas nocturnas do pasado ano que tanto éxito acadaron. Esta vez por diferentes contornos: Chandebrito, Monte Tetón, Monteferro...

Un terceiro ciclo de xeiras son as que atenden arquitecturas con especial interese, xa pacegas tradicionais  ou relacionadas co xenial Antonio Palacios. Visitaremos así pazos de Nigrán ou Parada, así como as obras de Palacios en Panxón, Praia América ou Baiona (A Virxe da Rocha).

Grazas especiais nestas novas xeiras ao Concello de Nigrán, así como ás familias propietarias dos pazos de referencia.

Xeira a Chandebrito.

O mércores 25 de xuño, primeira das xeiras do verán 2008: visita nocturna a Chandebrito.
Punto de encontro ás 22,30 na Praza do Concello de Nigrán. Desde alí faremos un desprazamento en coche ata o pe do magnífico Castro de Chandebrito. Dominando o centro de núcleo antigo da parroquia, atopamos este poboado fortificado da Cultura Castrexa, propia dunha mal chamada Idade do Ferro, de fai uns 2.000 anos de vello.

 Estamos perante un dos mellores castros do Val Miñor, tanto pola súa situación xeográfica, como pola súa pedagóxica morfoloxía. O castro amosa dous niveis de claros de aterrazamentos, onde se asentaría o groso das vivendas, na súa maioría de planta circular. Entas aparecen delimitada por contundentes murallas, das que podemos un fragmento consolidado non fai moitos anos. Entre os materias recuperados no castro, atopamos cerámica castrexa con interesantes decoracións, así como materiais romanos, na forma de fragmentos de ánforas vinarias.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2009 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
  • TodoPocketPC
    • Palm PRE: El desafío de Palm.


      Engadget está siguiendo en directo en estos momentos la keynote de Palm y acaban de ofrecer los primeros detalles técnicos del nuevo dispositivo de este fabricante estadounidense, del que hemos venido hablando estos últimos días: Palm PRE, que dispondrá de nuevo...
    • HTC prevé vender un 20% más y prescindir de Qualcomm.
      HTC acaba de hacer públicos sus resultados dejando patente que está en mejor forma que nunca, con un crecimiento en este último trimestre de 2008 un 22% superior respecto al mismo período de 2007, animado en buena parte por el éxito cosechado con las ventas...
  • Relacionadas
 

Enquisa