Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 01/09
Portada arrow Opinión arrow O curuto do corvo arrow A Xunta acometerá o saneamento e abastecemento en Vilariño e a Ramallosa
A Xunta acometerá o saneamento e abastecemento en Vilariño e a Ramallosa PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 27-06-2008

Visitas : 770


A Xunta de Galicia acometerá en este ano 2008 o saneamento e abastecemento das rúas Lameira, Amieiros, Carballas e Palanca en Vilariño-San Pedro da Ramallosa por un valor de 198.490,55 € no Concello de Nigrán.
A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible a través de Augas de Galicia ven de confirmar a realización de obras de novas obras de saneamento e abastecemento no Concello de Nigrán por importe de 198.490,55 € dentro da colaboración técnica e financiera da Administración Hidráulica de Galicia coas entidades locais en materia de abastecemento e saneamento de augas segundo un proxecto presentado ante dita administración polo goberno de Nigrán. As obras son financiadas ao 100 % pola Xunta de Galicia e rematarán este ano 2008. A finalidade de estas obras que afectarán ás rúas Lameira, Amieiros, Carballas e Palanca é dotalas do servicio de saneamento, totalmente inexistente na actualidade, o que está a producir diversos problemas de tipo medioambiental e ata sanitario, debido a que o único xeito de saneamento son as foxas sépticas particulares cos inconvintes que elo conleva e incluso a vertidos incontrolados e directos. Así mesmo as obras incluen a dotación  do suministro e abastecemento de auga potable. 

O concellal de urbanismo Juan González, ve clara a incidencia positiva dende o punto de vista sanitario e ambiental, que producirá a instalación de colectores de saneamento e abastecemento nos habitantes de Vilariño en San Pedro da Ramallosa, que poderán conectar directamente as augas fecais nos mesmos, para a súa posterior depuración a través dos colectores xerais municipais para o seu tratamento na estación depuradora. 

O goberno de Nigrán manifesta a súa intención de continuar de este xeito a súa labor de colaboración con outras administracións  para realizar inversións neste concello. Estas obras de saneamento e  abastecemento por valor de 198.490 €,  unido aos 660.808 € que se levarán a cabo por Augas de Galicia para obras de saneamento e abastecemento en Chandebrito, Camos e San Pedro, pretenden demostrar en palabras de Juan González "a nosa capacidade de xestión  por parte do goberno que priorizará en estos vindeiros anos o abastecemento e saneamento como eixos para conseguir un Nigrán Medioambientalmente máis sostible e para acadar un crecemento urbanisticamente ordeado."



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2009 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Participa

Imaxe crítica do Val Miñor. Estamos seguros de que durante o día atopas un milleiro de cousas que "che ferven o sangue" e que ninguén quere escoitar. Fai a túa foto denuncia. Nós si que te escoitamos.