A falta de pendente da canle de evacuación realizado tras as riadas converteuno nunha charca de augas fecais. O fallo eléctrico parou a estación de bombeo e deixou pasar as augas residuais a un espazo protexido. As obras de instalación de novos servizos básicos levadas a cabo en Sabarís logo das inundacións de outubro de 2006 non eliminaron o risco de que se produzan vertidos de augas fecais ao estuario do Val Miñor.
Proba diso é o que tivo lugar o pasado fin de semana en Sabarís, moi preto do acceso ao cámping. O alcalde, Jesús Vázquez Almuiña, afirmou onte que se produciu unha avaría nunha das máquinas propulsoras das augas residuais. Un fallo de corrente por causas alleas ao Concello orixinou que a máquina interrompese o seu funcionamento expulsando miles de litros de augas residuais.
A vertedura alarmou aos veciños e aos usuarios do paseo marítimo, que tiveron que soportar os malos cheiros que desprendían estas augas.
Un fenómeno que se repite e que arruína o marisqueo
Os verquidos ao esteiro do Miñor preocupan aos veciños porque se producen con relativa frecuencia. O desaugadoiro do acceso ao cámping non é o único punto conflitivo. Desde o regacho situado fronte ao centro antena e o da parte posterior do supermercado tamén saíron augas contaminadas a unha zona protexida da Red Natura 2000. O BNG acusa ao Concello de non controlar que os veciños se enganchen ao saneamento e o alcalde négao. O certo é que as mariscadoras non poden faenar na zona por este motivo.
Cotinúa na Voz de Galicia