Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

22 11/08
Portada arrow Canais arrow Deportes arrow Unha avaría provoca verquidos de augas fecais ao esteiro do Miñor
Unha avaría provoca verquidos de augas fecais ao esteiro do Miñor PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 

Escrito por A. Martinez - A Voz de Galicia, o 02-07-2008

Visitas : 742


ImageA falta de pendente da canle de evacuación realizado tras as riadas converteuno nunha charca de augas fecais. O fallo eléctrico parou a estación de bombeo e deixou pasar as augas residuais a un espazo protexido. As obras de instalación de novos servizos básicos levadas a cabo en Sabarís logo das inundacións de outubro de 2006 non eliminaron o risco de que se produzan vertidos de augas fecais ao estuario do Val Miñor.

Proba diso é o que tivo lugar o pasado fin de semana en Sabarís, moi preto do acceso ao cámping. O alcalde, Jesús Vázquez Almuiña, afirmou onte que se produciu unha avaría nunha das máquinas propulsoras das augas residuais. Un fallo de corrente por causas alleas ao Concello orixinou que a máquina interrompese o seu funcionamento expulsando miles de litros de augas residuais.

A vertedura alarmou aos veciños e aos usuarios do paseo marítimo, que tiveron que soportar os malos cheiros que desprendían estas augas.

Un fenómeno que se repite e que arruína o marisqueo

ImageOs verquidos ao esteiro do Miñor preocupan aos veciños porque se producen con relativa frecuencia. O desaugadoiro do acceso ao cámping non é o único punto conflitivo. Desde o regacho situado fronte ao centro antena e o da parte posterior do supermercado tamén saíron augas contaminadas a unha zona protexida da Red Natura 2000. O BNG acusa ao Concello de non controlar que os veciños se enganchen ao saneamento e o alcalde négao. O certo é que as mariscadoras non poden faenar na zona por este motivo.

Cotinúa na Voz de Galicia




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >