| Escrito por Redaccion,
o 03-07-2008
|
Visitas : 1051 |
Máis de 1.500 persoas empezaron a chegar á comarca para seguir a participación de 200 embarcacións. A proba, que se celebrará do 5 ao 11 de xullo e ten a súa base en Praia América, deixará dous millóns de euros. Nigrán quenta xa motores para o campionato do mundo de catamaráns que se celebrará a próxima semana. Preto de duascentas embarcacións de todo o mundo tomarán partida nesta proba que se converterá no acontecemento deportivo do ano neste municipio.
O evento, organizado polo Punto Paixón Praia de Praia América, servirá ademais para dinamizar a actividade turística no inicio da tempada de verán. Atraerá a unhas 1.500 persoas que se gastarán máis de dous millóns de euros durante a súa estancia no Val Miñor. Os empresarios do sector hostaleiro son os principais beneficiados. Os hoteis da comarca colgaron o cartel de completo durante estes días e os deportistas tamén resucitaron o ambiente nocturno. Continúa na Voz de Galicia
|
|
|
 |
|
|
|
|
|