O concellal de medioambiente, Juan Hermida, asistiu estes dáis en representación do concello de Nigrán á “I asamblea de ciudades” e ó “I encuentro de gobiernos locales por la Biodiversidad” que se celebrou en Xaén o pasado 2 e 3 de xullo.
No “I encuentro de gobiernos locales por la Biodiversidad” o Concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Nigrán, Juan Hermida, presentou unha ponencia no apartado de actuacións locais para a creación e conservación de hábitats, dando conta do recentemente premio no primeiro concurso de proxectos para o incremento da Biodiversidade titulado “Restauración del ecosistema dunar de las playas de Panxón y Playa América, Nigrán (Pontevedra)”.
O proxecto presentado contempla entre os seus obxetivos, preservar e recuperar os hábitats asociados ás costas areosas atlánticas, sensibilizar e educar en valores ambientais á sociedade e ampliar a protección a novos espacios limítrofes. A corto prazo, as autoridades locais pretenden establecer unha figura de protección recoñecida a nivel rexional: “Espacio Natural de Interés Local, ENIL” para o complexo dunar recuperado, un tipo de hábitat recoñecido como Lugar de interés Comunitario na Directiva Europea Hábitat DC/97/62/CE.
Á inauguración oficial deste primeiro encontro correu a cargo da Ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, Dª. Elena Espinosa Mangana; da conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Andalucía, Dª. Cinta Castillo Jiménez; do Presidente da Rede de Gobernos Locais + Biodiversidade 2010, D. Felipe López García; do Presidente da FAMP (Federeación Andaluza de Municipios e Provincias), D. Francisco Tosacano Campos e da Alcaldesa do concello de Xaén, Dª. Carmen Purificación Peñalver Pérez.
A “I asamblea de ciudades” á que tamén asistiu Nigrán, tocou temas coma a constitución da Asamblea de Cidades ou a presentación da Estratexia Local e Sistema de Indicadores para a conservación e incremento da Biodiversidade
O Concello de Nigránfoi o único concello do Val Miñor que ingresou recentemente na Rede de Gobernos Locais + Biodiversidade 2010, unha sección da FEMP adicada á promoción de políticas locais para a conservación e uso sostible da Biodiversidade e a conservación do Patrimonio Natural. Na actualidade, entre Deputacións Provinciais, Consellos e Cabildos Insulares e Concellos, son máis de 150 as entidades aderidas á rede, o que amosa o convencemento por parte das administracións públicas locais de que os programas de protección e uso sostible da Biodiversidade deben ser un elemento fundamental nas súas políticas.