Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

29 07/10
Portada arrow Canais arrow Planeta Terra arrow Nigrán presenta o seu proxecto pola biodiversidade en Xaén.
Nigrán presenta o seu proxecto pola biodiversidade en Xaén. PDF Imprimir Correo-e
(1 voto)
Escrito por Redaccion   
Xoves, 03 de Xullo do 2008

ImageO concellal de medioambiente, Juan Hermida, asistiu estes dáis en representación do concello de Nigrán á “I asamblea de ciudades” e ó “I encuentro de gobiernos locales por la Biodiversidad” que se celebrou en Xaén o pasado 2 e 3 de xullo. 

No “I encuentro de gobiernos locales por la Biodiversidad” o Concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Nigrán, Juan Hermida, presentou unha ponencia no apartado de actuacións locais para a creación e conservación de hábitats, dando conta do recentemente premio no primeiro concurso de proxectos para o incremento da Biodiversidade  titulado “Restauración del ecosistema dunar de las playas de Panxón y Playa América, Nigrán (Pontevedra)”.

O proxecto presentado contempla entre os seus obxetivos, preservar e recuperar os hábitats asociados ás costas areosas atlánticas, sensibilizar e educar en valores ambientais á sociedade e ampliar a protección a novos espacios limítrofes. A corto prazo, as autoridades locais pretenden establecer unha figura de protección recoñecida a nivel rexional: “Espacio Natural de Interés Local, ENIL” para o complexo dunar recuperado, un tipo de hábitat recoñecido como Lugar de interés Comunitario na Directiva Europea Hábitat DC/97/62/CE. 

Á inauguración oficial deste primeiro encontro correu a cargo da Ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, Dª. Elena Espinosa Mangana; da conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Andalucía, Dª. Cinta Castillo Jiménez; do Presidente da Rede de Gobernos Locais + Biodiversidade 2010, D. Felipe López García; do Presidente da FAMP (Federeación Andaluza de Municipios e Provincias), D. Francisco Tosacano Campos e da Alcaldesa do concello de Xaén, Dª. Carmen Purificación Peñalver Pérez. 

A “I asamblea de ciudades” á que tamén asistiu Nigrán, tocou temas coma a constitución da Asamblea de Cidades ou a presentación da Estratexia Local e Sistema de Indicadores para a conservación e incremento da Biodiversidade

O Concello de Nigránfoi o único concello do Val Miñor que ingresou recentemente na Rede de Gobernos Locais + Biodiversidade 2010, unha sección da FEMP adicada á promoción de políticas locais para a conservación e uso sostible da Biodiversidade e a conservación do Patrimonio Natural. Na actualidade, entre Deputacións Provinciais, Consellos e Cabildos Insulares e Concellos, son máis de 150 as entidades aderidas á rede, o que amosa o convencemento por parte das administracións públicas locais de que os programas de protección e uso sostible da Biodiversidade deben ser un elemento fundamental nas súas políticas.



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=
 
< Ant.   Seg. >
 

Verde TV

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa