| Escrito por Redaccion,
o 08-07-2008
|
Visitas : 305 |
Os traballadores da empresa Cespa que levan a cabo o servizo de limpeza viaria e recollida de lixos en Nigrán anuncian unha folga con carácter indefinido a partir do luns día 14 deste mes.
Os operarios non aceptan a actualización do IPC exposto pola empresa e solicitan unha equiparación salarial co resto dos peóns que traballan no Concello, así como outras melloras de tipo social, hixiénico e de prevención. Os operarios cobran unha media de 850 euros mensuais e esperan que o Concello lles chame para negociar servizos mínimos.
|
|
|
|