Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

07 01/09
Portada
Os socilistas denuncia a situación de abandono e perigo dunha obra paralizada en Sabarís PDF Imprimir Correo-e
(1 voto)
 

Escrito por Redaccion, o 11-07-2008

Visitas : 701


ImageO portavoz dos socialistas de Baiona, Arturo Pereira, menifestou a súa profunda preocupación pola situación de total abandono en que se atopa unha obra situada na rotonda de acceso á autoestrada en Sabarís da que soamente tense executado o desterre.  O solar atópase a ceo aberto e asulagado e a profundidade con respecto ao nivel freático do mar.

O PSOE considera que a execución do desterre e posterior abandono da obra polo promotor, deu lugar a que as beirarrúas se atopen totalmente esnaquizadas e manteñan unha situación de perigosidade manifesta para os viandantes, co risco ata de derrube da calzada. 

Arturo Pereira considera que o goberno municipal, a pesar do tempo transcorrido, non tomou medida algunha para correxir a situación en que se atopan as beirarrúas e o valado de seguridade da obra.

 Unha situación manifesta, que en palabras do portavoz dos socialistas, "vén mostrar unha vez máis a incompetencia do Sr. Alcalde e o seu equipo de goberno na xestión do municipio, mantendo ao noso pobo nunha situación de total abandono nesta e outras materias que a nosa agrupación vén denunciando. "

O PSOE de Baiona esixiu que se tomen "de forma inmediata" as medidas necesarias para correxir a situación a fin de evitar lamentar danos por  un accidente indesexado.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2009 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >