Novas
Baiona
Os socilistas denuncia a situación de abandono e perigo dunha obra paralizada en Sabarís | Os socilistas denuncia a situación de abandono e perigo dunha obra paralizada en Sabarís |
|
|
|
| Escrito por Redaccion | |
| Venres, 11 de Xullo do 2008 | |
O portavoz dos socialistas de Baiona, Arturo Pereira, menifestou a súa profunda preocupación pola situación de total abandono en que se atopa unha obra situada na rotonda de acceso á autoestrada en Sabarís da que soamente tense executado o desterre. O solar atópase a ceo aberto e asulagado e a profundidade con respecto ao nivel freático do mar.O PSOE considera que a execución do desterre e posterior abandono da obra polo promotor, deu lugar a que as beirarrúas se atopen totalmente esnaquizadas e manteñan unha situación de perigosidade manifesta para os viandantes, co risco ata de derrube da calzada. Arturo Pereira considera que o goberno municipal, a pesar do tempo transcorrido, non tomou medida algunha para correxir a situación en que se atopan as beirarrúas e o valado de seguridade da obra. Unha situación manifesta, que en palabras do portavoz dos socialistas, "vén mostrar unha vez máis a incompetencia do Sr. Alcalde e o seu equipo de goberno na xestión do municipio, mantendo ao noso pobo nunha situación de total abandono nesta e outras materias que a nosa agrupación vén denunciando. " |
| < Ant. | Seg. > |
|---|
Acta do Pleno ordinario de data 10 de xaneiro de 2008
(116,25 HB)
Acta do Pleno ordinario de data 20 de decembro de 2007
(193.30 KB)
Acta do Pleno extraordinario de data 9 de novembro de 2007
(96.43 KB)
Acta do Pleno ordinario de data 29 de outubro de 2007
(68.07 KB)
Acta do Pleno ordinario de data 4 de outubro de 2007
(223.91 KB)
Acta do Pleno ordinario de data 6 de setembro de 2007
(172.79 KB)
Acta do Pleno ordinario de data 26 de xullo de 2007
(203.39 KB)
Acta do Pleno extraordinario de data 21 de xuño de 2007
(82.79 KB)
Acta do Pleno extraordinario de data 13 de xuño de 2007
(23.72 KB)
Acta do Pleno ordinario de data 7 de xuño de 2007
(40.04 KB)
Contido do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Baiona