| Escrito por La Voz de Galicia,
o 12-07-2008
|
Visitas : 860 |
Os concellos de Nigrán e de Gondomar abren o vindeiro luns o prazo de preinscrición para matricular aos nenos de 0 a 3 anos nas súas respectivas garderías. En Nigrán, a concelleira de Benestar Social, Pilar Barreiro, informa que haberá unha persoa dedicada exclusivamente a atender todas as dúbidas ou demandas relacionadas coa tramitación. O lugar será na área de rexistro da planta baixa do Concello, desde as nove da mañá ata as dúas e media da tarde. O teléfono para contactar é o 986 35 50 00, extensión 243.
En Gondomar as familias interesadas poden recoller a instancia no Centro de Información á Muller, situado na planta baixa da Casa da Cultura. O horario é de nove da mañá a dúas da tarde e de tres e media a seis e media. Continúa na Voz de Galicia
|
|
|
|