Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

23 11/08
Portada arrow Opinión arrow A folga de lixo ameaza con deixar 50 toneladas ao día en Nigrán
A folga de lixo ameaza con deixar 50 toneladas ao día en Nigrán PDF Imprimir Correo-e
(1 voto)
 

Escrito por A. Martinez - A Voz de Galicia, o 15-07-2008

Visitas : 504


ImageOs traballadores da concesionaria Cespa iniciaron onte unha folga indefinida de limpeza viaria e recollida de lixos que ameaza con sementar o caos no municipio de Nigrán. Non podían elixir outro momento mellor para facer oír as súas reivindicacións. Nigrán chega a triplicar a súa poboación durante a tempada alta e estímase que cada día que se prolongue o paro quedarán sen recoller nas rúas entre 40 e 50 toneladas.

Os veciños onte aínda non notaron os efectos deste paro, pero os traballadores comezaron a manifestarse na rúa. Cara ao mediodía plantáronse ante a Casa Consistorial cunha pancarta e despois dirixíronse á rotonda da Ramallosa, onde fixeron moito ruído, pero non chegaron a cortar o tráfico. Durante os próximos días continuarán organizando diversas accións de protesta, porque queren que o Concello se implique ao estar en xogo un servizo público.

Continúa na Voz de Galicia

 

 O Concello solicita a colaboración cidadá para garantir un nivel mínimo de hixiene nas rúas.

A empresa adxudicataria da recollidas dos RSU comunicou ó concello a DECLARACIÓN DE FOLGA CON CARACTER INDEFINIDO A PARTIR DO 14 DE XULLO.  Os motivos desta folga son absolutamente alleos a calquera intervención do Concello de Nigrán e débense a medidas de presión pola negociación do convenio colectivo de recollida de residuos sólidos e limpeza viaria no Concello de Nigrán. 

O Concello de Nigrán ven de decretar os servicios mínimos para garantir un nivel de hixiene sanitaria mínimo nas rúas e nas praias do término municipal. 

Dados os graves riscos que se poden xenerar pola situación de folga na recollida de RSU, ROGAMOS A COLABORACIÓN 
dos cidadáns e especialmente daquelas actividades que xeneran gran volumen de lixo, facendo un especial  esforzo por:

  • Non verter lixo innorgánico como plásticos, papel, etc, mentres dure a folga
  • Reducir ó mínimo o volumen de lixo orgánico producido
  • Empregar bolsas convintemente pechadas para evitar a dispersión do lixo
 
  Para elo, solicitan a colaboración dos cidadáns en todos estas e outras medidas que reduzan o depósito de lixo na vía pública, evitando que se poidan xerar problemas de salubridade pública. 
 

 




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >