| Escrito por A. Martinez - A Voz de Galicia,
o 15-07-2008
|
Visitas : 649 |
A praia Barbeira converteuse nun perigo para os bañistas logo das obras de rexeneración. O nivel da superficie elevouse en dous metros de altura e nalgunhas zonas da beira non ten a firmeza suficiente, o que pode supor unha trampa para os usuarios. Polo menos iso foi o que lle pasou o pasado domingo a unha muller de Baiona, que acudiu aos areais para gozar dunha tarde de verán e acabou abandonando a praia descalza e logo de recibir o susto da súa vida.
C.B. unha persoa coñecida en Baiona pero que prefire gardar a súa identidade, estaba tomando o sol coa súa filla e decidiu achegarse ata a beira para dar un paseo. Continúa na Voz de Galicia
|
|
|
|