Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

07 01/09
Portada
A Oficina de Turismo de Baiona, renova o distintivo de Compromiso de Calidade Turística PDF Imprimir Correo-e
(3 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 15-07-2008

Visitas : 610


ImageA Concellería de Turismo continúa impulsando a calidade turística en Baiona, coa intención de converter a nosa Vila no referente turístico de Pontevedra e de Galicia. Para elo leva implantando dende o ano 2004 un plan de calidade, cuxo obxectivo principal é a Mellora Continua. Este proxecto comezou a desenrolarse en conxunto, coa Asociación Vilas Mariñeiras, da que Baiona forma parte.

Turismo Rías Baixas, organismo autónomo dependente da Deputación de Pontevedra, leva dende 2005 realizando o mesmo Plan de Calidade Turística cuxa terceira fase rematou o xoves 10 de xullo, coa entrega dos distintivos do SICTED a 81 empresas da provincia de Pontevedra. O Plan de Calidade Turística que Turismo Rías Baixas-Diputación de Pontevedra leva a cabo dende o ano 2005, pasou xa a súa terceira fase, co obxectivo de involucrar ós axentes turísticos da provincia, nun proxecto de mellora, así como impulsar a que as empresas logren obter un distintivo recoñecido en toda España. Con este Plan, Turismo Rías Baixas-Diputación de Pontevedra logrou posicionar á provincia de Pontevedra coma un destino de calidade para o disfrute das vacacións e do tempo de lecer.

Se ben no 2007 foron 79 as empresas distinguidas, na terceira fase, resultaron galardoadas polo seu esforzo en calidade, 81 empresas das 117 inscritas no Plan de Calidade das Rías Baixas. Unha das galardoadas, foi a Oficina Municipal de Turismo de Baiona. Despois de ser realizada a evaluación final e vistos os resultados, a Comisión de Calidade de Turismo Rías Baixas, decidiu conceder á nosa oficina a Renovación do distintivo. O Concelleiro de Turismo de Baiona, Anxo Rodal, foi o encargado de recollelo diploma, de mans do Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, durante o acto celebrado no Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, o pasado xoves día 10 de xullo.

O Concelleiro de Turismo destacou que participar neste tipo de iniciativas, contribúe a mellorala calidade global do municipio, conseguindo un alto nivel de satisfacción nos turistas que nos visitan.



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 1 de 1 Comentarios

JAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJA

Escrito por: Pinto (Invitado) o 16-07-2008

JAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJA

Escrito por: Pinto (Invitado ) o 16-07-2008

:grin Isto é unha broma? onde está a cámara oculta.  
Están locos estos romanos :upset

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 1 de 1 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2009 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >