| Escrito por A. Martinez - A Voz de Galicia,
o 17-07-2008
|
Visitas : 678 |
 A praia Ribeira loce por fin a bandeira azul coa que se recoñece que se atopa nunhas óptimas condicións para os usuarios. O alcalde, Jesús Vázquez Almuiña e o presidente do Padroado de Turismo Rías Baixas, José María Figueroa, izaron onte este distintivo acompañados polo resto dos membros do goberno municipal.
A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor outorgou este distintivo ao comezo da tempada de verán, pero o goberno municipal decidiu non pola durante as obras de rexeneración. Finalizado xa o achegue de area procedente do dragado do Miño, o Adeac volveu a conceder a bandeira logo de realizar unha nova inspección. Continúa na Voz de Galicia
|
|
|
|