Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

29 07/10
Portada arrow Canais arrow Música arrow Rockabilly e Rock'n'Roll hoxe no Bar Patos con Mr. Whiz
Rockabilly e Rock'n'Roll hoxe no Bar Patos con Mr. Whiz PDF Imprimir Correo-e
(1 voto)
Escrito por Redaccion   
Venres, 18 de Xullo do 2008
ImageO trio vigués actuará hoxe 18 de xullo no Bar Patos a partires das 23:30h. Mr. Whiz compón e toca temas de Rockabilly e Rock'n'Roll con aires de Country e aderezados cun toque de Swing. As súas principais influencias son Johnny Cash , Hank Williams, Elvis Presley, Charlie Feathers, Carl Pekins, Merle Travis e Bob Wills. Outro artista importante para eles é Jerry Reed, autor da canción da que esta banda toma o seu nome: Mr. Whiz.

Este trio, formado en Vigo en decembro de 2002, está composto por: Klaus voz e contrabajo, Jose "Scotty" guitarra e Germán á batería. 

No ano 2005 editan o seu primeiro disco: This is Mr. Whiz.

A boa acollida deste traballo facilita a Mr. Whiz o poder tocar en Bélgica e Holanda ese mesmo ano e ser seleccionados para participar ao ano seguinte no Festival Country-Rock de Prat et Bon-Repaux, en Francia, xunto a personalidades do Country e o Rockabilly como Dany Leigh (USA), Eva Eastwood (Suecia) ou Memphis Rockabilly Band (USA).

En 2006, ademais de acudir ao mencionado festival en Francia, tocan noutros catro festivales en España e actúan como teloneros nos concertos da banda americana Royal Crown Revue e de Slim Jim Phantom (Stray Cats).

Dedican gran parte do ano 2007 a compoñer e gravar novas cancións e o resultado é un novo disco, I Wanna Go, editado en abril de 2008 da man do Touro Records, discográfica independente líder en "American roots music".

En directo, o grupo conecta co seu público facéndoo partícipe dunha música extrovertida, vital e chea de ritmo.

"Si nunca viste en directo a Mr. Whiz, [...] enseguida sentirás su ritmo único. Antes de que te des cuenta estarás golpeando el suelo con tus tacones, gritando y bailando este hillbilly swing."
"Cowboy" Antón García, MUSIC CITY USA, WRVU, Nashville 91.1 FM (USA)

 

"Escuchar a Mr. Whiz es como girar en sentido contrario las manillas del reloj y volver a las esencias de la música popular de las décadas de los 40 y 50, e incluso antes. Tiene mucho que ver con recuperar el aliento y resucitar el Swing que a veces parecemos haber perdido en el nuevo siglo. [...] una descarga de adrenalina con base de rock y hillbilly que te catapulta a otros escenarios míticos."
Manolo Fernández, Toma Uno, Radio3 (RNE)

 

Máis info do grupo na súa web




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=
 
< Ant.   Seg. >
  • Relacionadas
 

Novo disco Dakidarria

Enquisa