
O trio vigués actuará hoxe 18 de xullo no Bar Patos a partires das 23:30h. Mr. Whiz compón e toca temas de Rockabilly e Rock'n'Roll con aires de Country e aderezados cun toque de Swing. As súas principais influencias son
Johnny Cash ,
Hank Williams, Elvis Presley, Charlie Feathers, Carl Pekins, Merle Travis e
Bob Wills. Outro artista importante para eles é
Jerry Reed, autor da canción da que esta banda toma o seu nome: Mr. Whiz.
Este trio, formado en Vigo en decembro de 2002, está composto por: Klaus voz e contrabajo, Jose "Scotty" guitarra e Germán á batería.
No ano 2005 editan o seu primeiro disco: This is Mr. Whiz.
A boa acollida deste traballo facilita a Mr. Whiz o poder tocar en Bélgica e Holanda ese mesmo ano e ser seleccionados para participar ao ano seguinte no Festival Country-Rock de Prat et Bon-Repaux, en Francia, xunto a personalidades do Country e o Rockabilly como Dany Leigh (USA), Eva Eastwood (Suecia) ou Memphis Rockabilly Band (USA).
En 2006, ademais de acudir ao mencionado festival en Francia, tocan noutros catro festivales en España e actúan como teloneros nos concertos da banda americana Royal Crown Revue e de Slim Jim Phantom (Stray Cats).
Dedican gran parte do ano 2007 a compoñer e gravar novas cancións e o resultado é un novo disco, I Wanna Go, editado en abril de 2008 da man do Touro Records, discográfica independente líder en "American roots music".
En directo, o grupo conecta co seu público facéndoo partícipe dunha música extrovertida, vital e chea de ritmo.
"Si nunca viste en directo a Mr. Whiz, [...] enseguida sentirás su ritmo único. Antes de que te des cuenta estarás golpeando el suelo con tus tacones, gritando y bailando este hillbilly swing."
"Cowboy" Antón García, MUSIC CITY USA, WRVU, Nashville 91.1 FM (USA)
"Escuchar a Mr. Whiz es como girar en sentido contrario las manillas del reloj y volver a las esencias de la música popular de las décadas de los 40 y 50, e incluso antes. Tiene mucho que ver con recuperar el aliento y resucitar el Swing que a veces parecemos haber perdido en el nuevo siglo. [...] una descarga de adrenalina con base de rock y hillbilly que te catapulta a otros escenarios míticos."
Manolo Fernández, Toma Uno, Radio3 (RNE)
Máis info do grupo na súa web