A Concejalía de Turismo de Nigrán organiza o "I Serán de Nigrán" que se celebrará mañá sábado 19 de xullo, no campo de Fútbol de Monte Lourido. Por outra parte a Concellería de Cultura organiza tamén para o mesmo día a partir das 22 horas, no Campo das Redes (preto das pistas de tenis) un concerto de música folk a cargo do grupo A Quenlla.
Serán en Nigrán
O programa contará actividades para todas as idades, dende pasarúas, animación para os máis novos, actuacións de grupos de música tradicional, unha feira de artesanía, sardiñada e un fin de festa coa tradicional queimada.
Programa de actividades:
-Ás 12h da mañá Pasarúas de grupos de gaitas por Nigrán, Ramallosa, Patos, Panxón e Praia América.
- Ás 16h apertura da Feira de Artesanía.
- De 16 a 19h Animación Infantil con talleres e hinchables para os nenos.
- Ás 19h Sardiñada organizada pola Comisión de Festas "Virxe do Carmen" de Praia América.
- Ás 22:30h Serán coa actuación de grupos de música tradicional
- Queimada ao final do Serán.
Concerto de A Quenlla
Por outra parte a Concellería de Cultura organiza para o sábado 19 de xullo, a partir das 22 horas, no Campo das Redes (preto das pistas de tenis) un concerto de música folk a cargo do grupo A Quenlla. Este grupo naceu no ano1984. Desde os seus inicios, A Quenlla puxo unha especial atención na Cultura Tradicional, asumindo como base a memoria colectiva e, como fundamento histórico, recuperala do abandono e do esquecemento, transmitindo unha versión de moitos feitos que poucas veces se contaron.
O seu primeiro traballo, “Os tempos inda non, non son chegados” é un monográfico de pezas onde se abordan os principais problemas que ten Galicia, a través de poemas musicados de Manuel María, Celso Emilio Ferreiro e Darío Xoán Cabana.
Desde entón, as súas cancións veñen sendo unha mestura de música tradicional recollida directamente por eles mesmos con outra música baseada en textos de autores -homes e mulleres da Palabra- que resisten inflexibles na procura da recuperación da memoria histórica, dos dereitos culturais e da dignidade como Pobo.