Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

23 11/08
Portada arrow Novas arrow Gondomar arrow Traballadores e sindicatos acusan ao concello de "reventar a folga"
Traballadores e sindicatos acusan ao concello de "reventar a folga" PDF Imprimir Correo-e
(3 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 23-07-2008

Visitas : 683


Image A situación que vive o concello de Nigrán, chegaba onte a unha situación límite para a saúde pública e o concello decidiu intervir na situación ante o incumprimento dos servizos mínimos e o aviso dado polas autoridades sanitarias. Máis de 400 toneladas de lixo acumúlanse no concello de Nigrán sin que a empresa privada CESPA e os traballadores chegen a un acordo de aumento salarial. Traballadores e sindicatos manifestáronse onte esparcindo lixo diante do concello, para protestar pola medida adoitada polo goberno municipal de iniciar pola súa conta a recollida do lixo . Membros do Partido Popular sumáronse onte á manifestación diante do concello culpando ao alcalde da situación de folga.

O Goberno Municipal do Concello de Nigrán en reunión mantida con representantes da empresa concesionaria da recollida do lixo CESPA, S.A. onte ás 18:00 horas arrancou un compromiso por parte da empresa de mellorar a oferta económica na negociación do convenio colectivo cos seus traballadores.

Esta mellora económica poderá supor que ambas partes se senten a negociar ante a autoridade laboral e cheguen finalmente a un acordo que resolva definitivamente a situación de folga que castiga ós cidadáns do municipio co seu noveno día de folga. 

A mellora da oferta por parte da empresa non suporá ningún custe económico para as arcas municipais. Este plantexamento foi defendido sempre polo goberno municipal que manifestou dende o principio que o conflicto laboral pola negociación do convenio colectivo era un problema estrictamente limitado ó ámbito da empresa privada.

 

Protesta diante do concello de Nigrán.

Traballadores e sindicatos acusaron onte ao concello de "romper a folga" ao contratar un servizo externo para limpeza das zonas que presentan un verdadeiro risco para a sáude. Ante a falta de achegamento por parte dos traballadores e a empresa privada, o concello tivo que tomar medidas pola súa conta, situación que alporizou a sindicatos e traballadores.

 O PSOE de Nigrán lamentou que memebros do PP de Nigrán utilicen como ferramenta política de desgaste do goberno municipal o conflicto laboral da empresa concesioaria CESPA, S.A.

Segundo denuncian os socialistas, onte integrantes do PP instalaron pancartas diante do Concello culpando ó Alcalde da situación de folga creada polos traballadores de CESPA con motivo da negociación do seu convenio colectivo.

O PSOE lembrou que "foi o goberno do PP-PINN quen otorgou a concesión da recollida do lixo no Concello de Nigrán á empresa CESPA, S.A. a pesar das numerosas denuncias feitas polo PSdeG-PSOE nos plenos acerca das deficiencias do servicio ofertado. "

O PSdeG-PSOE de Nigrán lamentou que as lexítimas reivindicacións dos traballadores de CESPA, S.A. de mellorar os seus salarios e condicións laborais sexan instrumentalizadas políticamente contra o Goberno Municipal por aqueles que no seu día tiveron a responsabilidade de evitar que se xenerase esta situación, xa que a concesión feita en 2004 debeu recoller unha garantía de mellora das condicións dos traballadores, máxime tendo en conta que o contrato se fixo por 16 anos prorrogables a 20. 

O PSdeG-PSOE de Nigrán respaldou a decisión do grupo socialista do goberno de que o Concello non debe de asumir custe económico algún para a resolución do conflicto. Ademáis así o especifica o contrato entre o Concello de Nigrán e CESPA, S.A. onde ambas as dúas partes asinaron que "en ningún caso a negociación do convenio poderá repercutir na revisión de precios". Ademáis, solicita ós traballadores de CESPA, S.A. que no cumprimento dos servicios mínimos teñan en conta que se debe garantir a saúde pública como o único dereito xurídico a protexer por riba do dereito á folga.

 




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 1 de 1 Comentarios

¡¡¡Xa esta ben!!!

Escrito por: Xanval (Invitado) o 23-07-2008

¡¡¡Xa esta ben!!!

Escrito por: Xanval (Invitado ) o 23-07-2008

A os veciños cobraselle o servicio e despois daselle ou non. ¿Que é iso? ¿Como pode non cumplirse un servicio pagado? O Concello cobra o servicio e ten que dalo. El ou o que no seu nome, por habelo contratado, teña a obriga de dalo. 
Os traballadores terán o derito de reclamarlle unhas melloras a Empresa para que traballan pero non poden ou non deben penalizar a os veciños facendoos sufrir, non solo os cheiros e a vista, senon os riscos da saude, da basura non recollida. 
Todo o demaís non so non e politica e mais ben unha loita mafiosa.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 1 de 1 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

  • Relacionadas
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa