| Escrito por Redaccion,
o 26-07-2008
|
Visitas : 617 |
Oito camións e varias brigadas de peóns a pé emprenderon o xoves a recollida de residuos tralo acordo, ás dúas da madrugada, entre traballadores e empresa. O concello mantén abertos varios expedientes sancionadores contra Cespa por non establecer os servizos mínimos desde o primeiro día de folga.
Tres dos camións que efectúan a recolleita de lixo en Nigrán acenderon os seus motores pasadas as dúas da madrugada de onte xoves. Era o sinal sonoro de que ao fin a folga que mantivo ao municipio sen servizo de limpeza durante dez días concluíra. Expediente sancionadorJuan Hermida recordou, así mesmo, que o concello mantén abertos varios expedientes sancionadores contra Cespa por non establecer os servizos mínimos desde o primeiro día de folga. A concesionaria, que podería ter que facer fronte a varias multas por incumplimientos de contrato, asumiu o servizo de recolleita de lixo e limpeza viaria en Nigrán en 2004, unha concesión que ten unha vixencia de 16 anos prorrogable a 20.
|
|
|
 |
|
|
|
|
|