Canais
Planeta Terra
A Campaña Bandeiras Negras 2008 iniciarase na Ría de Vigo | A Campaña Bandeiras Negras 2008 iniciarase na Ría de Vigo |
|
|
|
| Escrito por Redaccion | |
| Sábado, 26 de Xullo do 2008 | |
|
Coa chegada do veleiro Deusa Maat a Vigo, o próximo 23 de xullo, Ecoloxistas en Acción, Verdegaia e a rede “A Ría Non se Vende” presentarán o informe “Bandeiras Negras 2008” sobre a alarmante situación dos ecosistemas litorais do Estado español, e concederán Bandeiras negras e Puntos Negros ás zonas máis agredidas do litoral vigués.
Este verán o veleiro Deusa Maat da confederación Ecoloxistas en Acción diríxese ao
Mar Cantábrico para realizar unha análise da situación dos ecosistemas costeiros e mariños da zona e, ver como o estado destes inflúe sobre a economía e modos de vida das diferentes localidades costeiras, seleccionando algunhas das máis representativas para obter esta análise. O Deusa Maat conta con científicos mariños entre a súa tripulación que relacionarán os datos públicos dispoñibles cos datos obtidos coa instrumentación que conta o veleiro. Ecoloxistas en Acción, a asociación ecopacifista galega Verdegaia e a rede “A Ría Non se Vende”, convocarán o mércores 23 de xullo, ás 11:00 horas, unha rolda de prensa no Porto de Vigo para dar comezo á campaña “Bandeiras Negras 2008”. Darase a coñecer en detalle a realidade do litoral español, galego e vigués.
No informe Bandeiras Negras 2008 presentaranse os puntos máis ameazados polo urbanismo, as infraestruturas e a contaminación, entre os de Galicia predominan o Plan de Ampliación do Porto de Vigo, Plan Director das Instalacións Náutico Deportivas de Galicia, os Plans Xerais de Ordenación Municipal e o Plan de Acuicultura.
Máis información: 615 93 00 17 - 619 94 90 53 |
| < Ant. | Seg. > |
|---|