Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

12 03/10
Portada arrow Canais arrow Cultura arrow As xeiras nocturnas do IEM percorren os petroglifos do monte Tetón
As xeiras nocturnas do IEM percorren os petroglifos do monte Tetón PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
Escrito por Redaccion   
Luns, 28 de Xullo do 2008

Despois das rutas dedicadas a Chandebrito, Pazos do Val Miñor, Cotos de Chaín e obra de A. Palacios no Val Miñor, continúan as Xeiras que organiza todos os anos o Instituto de Estudos Miñoranos. A proposta de hoxe retoma as saídas nocturnas iniciadas o ano pasado. Hoxe 28 de xullo, os amantes da arqueoloxía teñen unha nova cita para coñecer a beleza e riqueza do patrimonio arqueolóxico da comarca, nunha xeira que partirá ás 22:30h dende a praza do Concello de Gondomar para visitar os petroglifos do Monte Tetón.

 

Como xa é costume nestas xeiras arqueolóxicas, o responsable da sección de arqueoloxía e historia Xosé Lois Vilar repetirá como guía de excepción por estes roteiros cheos de maxia. 

As Pedras dos Mouros do Monte Tetón constitúen a maior superficie de arte prehistórica de Galicia. Inclúe as maiores combinacións de circos concéntricos coñecidas. Máis de 100 m2 de gravados onde abunda a arte xeométrica, os circos, as coviñas, os cadrados cheos de coviñas, as coviñas aliñadas, ... pero tamén hai antropomorfos gravados e incluso un cabalo.

No mesmo petróglifo hai varios muíños naviculares de soporte fixo, elemento práctico que aparece móbil nos poboados da época pero que existen en rocha nai na zona costeira das Rías Baixas (do Morrazo a Caminha e Valença), con excepcións en Carnota e en Agolada.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=
 
< Ant.   Seg. >
 

Candido Pazó en Lendo contigo. Gondomar

Enquisa