Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

23 11/08
Portada arrow Axenda arrow Veciños de Gondomar rexeitan o proxecto Vigo Integra.
Veciños de Gondomar rexeitan o proxecto Vigo Integra. PDF Imprimir Correo-e
(4 votos)
 

Escrito por http://vivegondomar.blogspot.com, o 31-07-2008

Visitas : 651


ImageO 29 de xullo do 2008 podería chegar a ser considerado como un día histórico para a sociedade civil de Gondomar, o día en que máis de 550 persoas, incluídos todos os representantes das distintas organizacións sociais, que abarrotaban o Auditorio “Lois Tobío” de Gondomar, deciden, por aclamación, a creación da Plataforma pola retirada do proxecto “Vigo Íntegra” en Gondomar: “Gondomar vive”. Onte deuse un exemplo de cohesión e de sensatez ante unha causa común, e ademáis lanzouse unha menxase clara da ciudadanía ós políticos: “O que non fisestes nin consensuastes durante anos en temas importantes, faino agora o pobo de Gondomar en 10 días”.

O obxectivo prioritario desta Plataforma sería conseguir que o goberno da Xunta de Galicia retire as actuacións previstas do Plan “Vigo Íntegra” ao seu paso por Gondomar, en concreto a vía de alta capacidade Vilaza- Couso e a circunvalación de Gondomar.


ImageAs accións previstas, nesta primeira parte do proceso, para conseguir este obxectivo poderían resumirse nas seguintes: Presentación dunha alegación colectiva de todos os veciños de Gondomar, incidindo en aspectos como o uso do chan, o impacto ambiental e paisaxístico, os danos ao patrimonio histórico, as alteracións da estrutura demográfica, os metros de afectación do chan, o illamento ao que condenaría á maioría das parroquias de Gondomar polo feito de crear unha barreira artificial. Sinalando, ademais, neste sentido que este proxecto desobedece as recomendaciones e directivas da Comunidade Europea no que se refire á xestión do chan, o uso da terra e mellora do medio ambiente, entre outras moitas.
Asesoramiento técnico e xurídico a todos os veciños que queiran presentar unha alegación particular.


Solicitar un pleno extraordinario ao Concello de Gondomar para que os distintos partidos políticos se posicionen con respecto a este asunto.
Petición dunha entrevista á conselleira de Política Territorial.
Deixaremos aberta a posibilidade de mobilizacións futuras, no caso de non conseguir os obxetivos propostos.
Estamos seguros, o pobo de Gondomar ten plena confianza en que os poderes públicos entenderán e atenderán esta xusta e razoable iniciativa popular e retirarán este proxecto, que de levarse a cabo, hipotecaría o futuro de GONDOMAR.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 1 de 1 Comentarios

O primeiro

Escrito por: Xanval (Invitado) o 31-07-2008

O primeiro

Escrito por: Xanval (Invitado ) o 31-07-2008

O p rimeiro haberia de ser, non facer alegacions polos terminos do proxecto, rechazar o proxecto de raiz. Importa mais a anulación do proxecto por non ter razón de ser, que as posibles desfeitas que poidera chegar a producir. Se son estas as que se poñen en cuestión, aceptase a validez dun proxecto reformado aseitado as esixencias das reclamacions. E o que de verdade acontece e que o proxecto non ten sentido algun. Nembargantes os rueiros e camiños que dan servicio a bisbarra estan estragados e precisan dunha remodelación ou al menos duha reparación. ¿Pra que facer gasto nun proxecto que non beneficia aos veciños?¿Por que eses cartos non se empregan en obras de utilidade como as que apuntamos antes?

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 1 de 1 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Rober Bodegas, hoxe venres no Bar Patos

Axenda

Enquisa