Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

23 11/08
Portada arrow Especiais arrow Plan Vigo Integra arrow Nace unha plataforma contra o Plan Vigo Íntegra en Gondomar
Nace unha plataforma contra o Plan Vigo Íntegra en Gondomar PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 

Escrito por A. Martinez - A Voz de Galicia, o 31-07-2008

Visitas : 616


ImageO auditorio municipal de Gondomar quedou pequeno a última hora do martes para acoller a todos os veciños que acudiron para formar a plataforma en contra do proxecto Vigo Íntegra.

Máis de medio milleiro de persoas acudiron á cita convocada por unha comisión xestora formada por veciños de todas as parroquias. A asemblea serviu para pór de manifesto a enorme inquietude que orixinou en todo o municipio a intención da Xunta de crear dous novos viarios de paso cara a Vigo que dividirían o Concello e arrasarían unha gran cantidade de propiedades privadas.

O obxectivo prioritario desta nova plataforma será conseguir que o goberno autonómico retire as previsións de construír unha vía de alta capacidade de Vilaza a Couso e a circunvalación da vila condal.

En primeiro lugar, presentarán unha alegación colectiva de todos os veciños na que incidirán nos aspectos como o uso do chan, o impacto ambiental e paisaxístico, os danos ao patrimonio histórico, as alteracións da estrutura demográfica ou o illamento ao que condenaría á maioría das parroquias de Gondomar polo feito de crear unha barreira artificial.

Continúa na Voz de Galicia




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Vigo Integra

Especial Plan Vigo Íntegra