Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

23 11/08
Portada arrow Especiais arrow Plan Vigo Integra arrow O PSOE cualifica en Gondomar como «un ataque á intelixencia» o Plan Vigo Íntegra
O PSOE cualifica en Gondomar como «un ataque á intelixencia» o Plan Vigo Íntegra PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 

Escrito por A. Martinez - A Voz de Galicia, o 01-08-2008

Visitas : 616


ImageNin sequera o PSOE apoia en Gondomar o Plan Vigo Íntegra da Xunta de Galicia. Todos os grupos da corporación acordaron onte asinar unha declaración institucional en contra deste plan viario. A proposta do PP, o acordo plenario incorporarase como alegación ao documento que ata o próximo mes de setembro permanecerá exposto publicamente.

O portavoz socialista, Alfonso de Lis Fiuza, despachouse a gusto durante a sesión de onte. «Un insulto á intelixencia humana, unha defenestración do noso territorio, uns trazados irracionais feitos por algún iluminado de costas aos intereses do Concello», foron algunhas das expresións empregadas por este portavoz durante a súa alocución. «Se foi obra de Caride (a conselleira), debía de ter un mal día», afirmou o tamén portavoz socialista, Carlos Cabaleiro.

Este plan viario contempla no municipio gondomareño a creación dunha vía de alta capacidade entre Couso e Vilaza, así como unha circunvalación da vila que arrasaría innumerables propiedades e elementos do patrimonio do centro urbano.

Continúa na Voz de Galicia




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
  • Relacionadas
 

Vigo Integra

Especial Plan Vigo Íntegra